|
Kiwi |
|
|
|
Viña, Froiteiras e
Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Plátano de
sombra, Carballo e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Carballo e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Carballo e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Carballo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Froiteiras de óso e
Millo |
|
|
|
Viña, Maceira e Millo |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Varios, Viña e Nogueira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios cultivos e diversas
especies forestais |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Cítricos |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Camelia |
|
|
|
Viña kiwi e Camelia |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Evonymus |
|
|
|
Viña, Varios Cultivos, Kiwi, Carballo e
Camelia |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Carballo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Piñeiro, Maceira, Froiteiras de óso e
Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras, Viña e Mantemento da
maquinaria |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
30/07/2009
VIÑA Estado fenolóxico: Peche do
acio - Cora (inicio) |
Mildeu: |
Nas nosas parcelas de
seguimento non vimos novos síntomas da enfermidade mais que nas plantas
control sen tratamentos. Co inicio da cora (ata o de agora só rexistrado
nalgúns acios nas comarcas do Rosal e O Condado) o risco de dano aos
acios está limitado, pero polo momento convén non se confiar dada
a gravidade das infeccións neste verán e a permanencia de
condicións climáticas favorables ao fungo. Polo tanto, a
recomendación xeral de actuación é renovar os
tratamentos se se observan síntomas e/ou está próximo a
concluír o período de protección da
intervención anterior.
|
Oidio: |
Non se observan
síntomas da enfermidade agás de xeito illado nas plantas que se
mantiveron sen tratamento algún en toda a
campaña.
|
Botrite:
|
Non observamos novos
grans afectados, pero o clima húmido e cálido que se está
a rexistrar de forma case constante obrigan a non descoidar a vixilancia
e a coidar outros aspectos da sanidade da uva, aspecto determinante
para limitar os danos causados por este patóxeno.
|
Trazas: |
Segue a ser baixo o
nivel de capturas nas trampas, e non se observan máis que moi
puntualmente ovos ou penetracións larvarias. Non é necesario
tratar.
|
Mosquito verde e outros
cicadélidos: |
Si en avisos
anteriores referiamos un incremento de capturas nas trampas instaladas nas
nosas parcelas de seguimento, nesta semana as poboacións
mantivéronse estables. Por outra banda, débese prestar
especial atención á aparición potencial de Scaphoideus
titanus polo menos nas bisbarras do sur (onde xa foi detectado), pois
na campaña anterior os primeiros adultos apareceron arredor destas
datas.
|
Ácaros: |
Nalgúns viñedos da bisbarra do Salnés
empezan a observarse síntomas característicos do ataque de
ácaros. En calquera caso, recórdase que antes de realizar
unha intervención fronte a estes animais cómpre confirmar a
súa presenza e contía, pois tratamentos innecesarios
poden eliminar os ácaros útiles presentes en moitas
plantacións e favorecer con iso novos ataques.
|
MACEIRA |
Moteado: |
O risco
de infección permanece ata o final da campaña e, dadas as
condicións ambientais de clima cálido e húmido que se
rexistran, cómpre manter a vixilancia e renovar os tratamentos se
aparecen novos síntomas ou se as plantas xa non están protexidas.
No caso de intervir, débese poñer moita atención ao
prazo de seguridade do funxicida elixido nas variedades
próximas á recolección.
|
Cydia
pomonella: |
Non
tivemos capturas nas trampas de feromona instaladas nas nosas parcelas de
seguimento. En calquera caso, convén vixiar a potencial aparición
de penetracións larvarias nos froitos.
|
Araña vermella: |
Nalgunhas bisbarras empezan a
observarse novamente formas móbiles deste ácaro sobre os gromos
novos. Porén, antes de tratar débese confirmar a súa
presenza.
|
Outros: |
Nas variedades en fase de maduración débese
retirar a froita con podremias e a caída ao chan, pois sobre ela
se pode instalar con facilidade monilia ou botrite baixo as
condicións de clima húmido que se están a
rexistrar.
|
PIÑEIRO |
Procesionaria: |
Continúa o voo deste lepidóptero, que se iniciou a
semana pasada segundo as capturas recollidas nas nosas parcelas de
seguimento.
|
|