|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
21/05/2010
VIÑA Estado fenolóxico: acios
separados - Floración (Inicio) |
Mildeu:
|
Coas
temperaturas tan elevadas que se rexistran dende o domingo día 16, a
enfermidade non sufriu avance, polo menos nas nosas parcelas de seguimento.
É máis, mesmo nas plantas control que mantemos sen tratamentos
freáronse os síntomas que se empezaban a observar en acio. Coas
condicións actuais, polo tanto, non sería necesario tratar pero a
previsión meteorolóxica anuncia chuvias en forma de
tormentas xa dende o luns día 24; de producirse habería
condicións extremadamente favorables ao desenvolvemento do mildeu e
tendo en conta que a viña está a entrar en floración,
estado moi sensible á enfermidade, cómpre aplicar un
tratamento que protexa as plantas.
|
Trazas:
|
Continúan sen aparecer postas ou síntomas de
actividade larvaria de trazas, a pesar de que, loxicamente, continúa o
voo de Lobesia botrana, recollendo nas trampas de feromona entre 4 e 21
machos segundo a parcela. Ata o momento, de Eupoecilia ambigüella
non se capturaron os primeiros adultos. Non é necesario
tratar.
|
Altica: |
Nesta
semana xa vimos algúns adultos de Altica quercetorum na nosa
parcela de seguimento do Condado. A pesares diso, polo momento a
poboación total do crisomélido non é moi elevada e non
é necesario tratar.
|
Ácaros: |
Continúan sen detectarse síntomas de ácaros
nas nosas parcelas de seguimento (coa excepción de erineas de
Colomerus vitis) e tampouco se viron formas móbiles nas mostras
recibidas na Estación. Lembren que non é conveniente aplicar
tratamentos acaricidas a menos que a presenza destes artrópodos estea
confirmada, pois poden prexudicar seriamente aos ácaros útiles
fitoseidos, os cales poden regular de forma natural as poboacións
nocivas.
|
MACEIRA |
Moteado:
|
Non atopamos máis síntomas da enfermidade, pero
probablemente aparecerán se, como anuncia a previsión
meteorolóxica, se producen chuvias a próxima semana. Polo tanto,
cómpre manter as plantas protexidas.
|
Pulgón cinsento:
|
Están
a aparecer colonias nalgunhas zonas. Polo momento, a súa presenza
limítase a variedades sensibles en árbores illadas, pero
cómpre incrementar a vixilancia, xa que esta especie de pulgón
pode afectar ao froito.
|
Rhynchites coeruleus:
|
Estamos a atopar gromos seccionados como consecuencia do ataque
deste pequeno curculiónido. Polo xeral non é necesario adoptar
medidas de control agás sexa de planta nova, pero é necesario
comprobar como evoluciona a sintomatoloxía.
|
KIWI |
Pseudomonas spp:
|
Estase a
iniciar a floración na práctica totalidade das
plantacións. Dado que este ano a incidencia de Pseudomonas
syringae e P. viridiflava é bastante elevada, especialmente
en terreos onde xa se detectara a súa presenza, recoméndase
aplicar un tratamento cúprico, asegurándose de mollar ben os
botóns florais e as follas (en ensaios tamén se obtén boa
eficacia co peróxido de hidróxeno, pero esta substancia non
está rexistrada polo Ministerio).
|
PATACA |
Epitrix
similaris: |
Continúan a
observarse síntomas e adultos desta especie en moitas zonas. Os
tratamentos insecticidas que se utilizan para controlar o escaravello da pataca
adoitan ser eficaces fronte a este outro insecto.
|
|