|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
11/06/2010
VIÑA Estado fenolóxico:
Floración - Callado |
Mildeu:
|
Cumpríronse
as condicións para que se produza unha nova infección secundaria
por mildeu debido ás chuvias e ás temperaturas suaves desta
semana (aínda que houbese un descenso termométrico evidente, os
rexistros foron suficientes para a infección). Cómpre tratar o
antes posible, tendo en conta que as uvas recén formadas se atopan
aínda nun período de máxima sensibilidade á
enfermidade. Ademais, haberá que considerar que de ter empregado
funxicidas de contacto nun tratamento anterior se terán lavado polas
chuvias, e tamén os penetrantes ou sistémicos terán
reducido a súa persistencia.
|
Oidio:
|
Polo momento
aínda non apareceron os primeiros síntomas, pero considerando o
historial de anos anteriores, estase a achegar o momento en que se
observarán os primeiros signos da enfermidade. É necesario
incrementar a vixilancia.
|
Botrite:
|
Naqueles terreos co estado fenolóxico máis
atrasado aínda observamos acios en floración e outros cos
capuchóns florais adheridos. As chuvias acaecidas na semana dificultan a
súa liberación e poden favorecer sensiblemente a aparición
do fungo, polo que se recomenda extremar a vixilancia e tratar naquelas
variedades que son especialmente sensibles ao
patóxeno.
|
Trazas:
|
Reducíronse sensiblemente as capturas de machos nas
trampas de feromonas, pero incrementouse o número de
glomérulos.
|
Cicadélidos: |
As capturas, en
trampas cromáticas amarelas, de mosquito verde e de Zygina rhamni
están a ser reducidas nas nosas parcelas de seguimento. Non obstante, de
cara á semana próxima prevese unha melloría do tempo con
ascenso das temperaturas, polo que se espera que sufran algún
incremento.
|
Altica: |
Non vimos
máis postas de Altica quercetorum na nosa parcela de seguimento
do Condado, onde as larvas continúan alimentándose das
follas.
|
Ácaros: |
Continúan sen aparecer síntomas de ácaros
nas nosas parcelas de seguimento, e tampouco observamos individuos nas mostras
que cada semana recibimos na Estación. Non tratar de momento fronte a
estes artrópodos (a menos que estea confirmada a súa
presenza).
|
MACEIRA |
Moteado:
|
Debido ás
condicións ambientais destes días, as posibilidades de que se
manifeste novamente a enfermidade son moi elevadas, polo que se aconsella
aplicar un tratamento en canto cesen as
precipitacións.
|
Pulgóns: |
Polo
momento case non se observan colonias de pulgón laníxero
parasitado. Porén, se a presenza deste pulgón non é moi
elevada, é conveniente non aplicar ningún tratamento
inmediatamente, á espera de que se incremente o nivel de parasitismo por
Aphelinus mali.
|
Cydia
pomonella:
|
Unicamente capturamos un adulto nas trampas de feromonas
instaladas nas nosas parcelas de seguimento. En calquera caso, hai que ter en
conta que as poboacións deste tortrícido poden ser moi diferentes
segundo as parcelas, polo que se non se dispón de trampas é
necesario manter as plantas protexidas.
|
PEREIRA |
Torcegromos:
|
Estanse a observar en numerosas zonas algúns gromos secos
de pereira na súa zona distal debidos á presenza de Janus
compressus. En xeral non é necesario intervir fronte a esta praga
máis que no caso de viveiros ou plantacións
novas.
|
TOMATEIRA |
Tuta
absoluta:
|
Nalgúns invernadoiros estanse a empezar a capturar nas
trampas de feromonas cifras importantes da traza do tomate Tuta
absoluta. Trátase dun lepidóptero geléchido detectado
en 2009 en Galicia cuxas eirugas efectúan minas nas follas (tamén
en talos e froitos cando as poboacións son máis elevadas) e que
poden reducir a calidade e cantidade de colleita. Naqueles invernadoiros onde
se observe a sintomatoloxía característica desta especie
cómpre aplicar un tratamento cun insecticida rexistrado para este
uso.
|
|