|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
01/07/2010
VIÑA Estado fenolóxico: (Grans
tamaño chícharo) - Peche do acio |
Mildeu:
|
Como indicamos no anterior aviso
do 25 de xuño, apareceron síntomas de forma bastante xeneralizada
en todas as bisbarras, con intensidade diferente segundo os terreos,
aínda que ben é certo que existen parcelas onde non se atoparon.
Nas plantas que mantemos sen tratamentos en toda a campaña, a
enfermidade seguiu evolucionando, e xa practicamente non se atopan acios sans.
Hai que ter en conta que, aínda que as condicións
meteorolóxicas diúrnas son desfavorables ao desenvolvemento da
enfermidade, a humidade relativa do aire é bastante elevada (en torno ao
60%, con máximos de 78-85%-85 en zonas do Salnés) e existe
humidade foliar nocturna, co que non se están a dar as condicións
para que os esporanxios deixen de ser viables e si condicións para a
infección secundaria. Por este motivo, continuamos en situación
de máxima alerta, mais considerando que a previsión
meteorolóxica anuncia chuvias para o venres día 2, co que
é imprescindible asegurarse de que as viñas están
protexidas.
Débese confirmar a eficacia dos
tratamentos efectuados comprobando que non existen novos síntomas
nin zonas de avance nos órganos afectados nos días seguintes
á intervención, tendo en conta, ademais, que as chuvias reducen o
período de protección das funxicidas sistémicas e
penetrantes, e lavan os de contacto.
|
Oidio:
|
Especialmente en variedades tintas e nalgunhas
brancas moi sensibles a esta enfermidade continúan aparecendo
síntomas, que en plantas que non reciben tratamento alcanzan xa ao 100%
dos acios. Aínda a uva é sensible ás infeccións por
este patóxeno, polo que tamén é necesario manter a
protección das plantas aproveitando potenciais intervencións
antimera.
É necesario ter en conta que o xofre, unha
funxicida amplamente utilizada na loita preventiva fronte á enfermidade,
non se pode utilizar cando as temperaturas son moi elevadas (da orde das
que se están a rexistrar estes días nas horas centrais), polo que
se se emprega, debe facerse a última hora da tarde ou primeira da
mañá.
|
Trazas:
|
Nesta
semana incrementáronse as capturas de Lobesia botrana na
nosa parcela de seguimento do Condado (con 38 machos na trampa de feromona)
pero non así os síntomas (postas ou penetracións) da
súa actividade. Tamén recollemos machos de Eupoecilia
ambigüella, neste caso nas parcelas de Tremoedo (15 individuos) e
O Rosal (5). Polo momento non é necesario
tratar.
|
Cicadélidos : |
Continúan incrementándose lixeiramente as
capturas de cicadélidos nas trampas cromáticas, pero nin ou
número de adultos recollidos nin as larvas aproxímanse de momento
aos limiares de tolerancia. Non é necesario tratar.
|
Ácaros: |
Nesta semana non observamos máis síntomas da
presenza de ácaros en viñedos da provincia, pero cómpre
manter a vixilancia posto que as condicións climáticas destes
días son favorables ao desenvolvemento destes artrópodos. En
calquera caso, é necesario confirmar a súa presenza na
viña antes de tomar calquera medida, e tratar en caso
afirmativo.
|
Enfermidades da madeira : |
Coa suba de temperaturas dos últimos días, estanse
a empezar a manifestar nalgunhas plantas síntomas que apuntan a
enfermidades de madeira. Como indicamos todos os anos, cómpre ir
marcando estas plantas para actuar no seu momento segundo as
recomendacións que proporcionaremos para este tipo de
plantas.
|
MACEIRA |
Moteado:
|
No caso de ter finalizado o período de protección
do tratamento anterior, cómpre renovalo, posto que as temperaturas
elevadas unidas á humidade foliar que se rexistra nas horas nocturnas
son condicións favorables á enfermidade (ademais,
anúncianse precipitacións).
|
Cydia
pomonella:
|
As
condicións ambientais destes días son favorables ao
desenvolvemento deste lepidóptero, co que é necesario manter a
protección se non se efectúa o seguimento das curvas de voo en
trampas de feromona (nesta semana superouse o albor nas nosas trampas, polo que
aplicaremos un tratamento) ou da presenza de froitos abichados.
|
CASTIÑEIRO |
Lymantria dispar:
|
Informáronnos de que nalgunhas zonas da provincia de
Ourense se están a observar danos producidos por eirugas de lagarta
peluda (Lymantria dispar). Trátase dun defoliador que pode
afectar tamén a outras especies forestais e froiteiras e que pode
devorar completamente as follas. Segundo nos comentaron, boa parte das eirugas
xa están nos últimos estadíos de desenvolvemento. A
maioría dos insecticidas rexistrados para o seu control (Bacillus
thuringiensis, azadiractin, diflubenzuron, flufenoxuron,
) son
reguladores ou inhibidores do crecemento dos insectos, e polo tanto eficaces
sobre os primeiros estadíos, polo que se non é este o caso
unicamente pode ter eficacia os fitosanitarios a base de indoxacarb, materia
activa tamén rexistrada para este uso.
|
Tortrícidos do froito: |
Estamos a ter capturas nas trampas de feromona de Pammene
fasciana, o tortrícido precoz da castaña, e de Cydia
splendana, o tortrícido tardío, pero non de Cydia
fagiglandana que non obstante tamén se está a recoller en
zonas produtoras de Ourense.
|
|