|
Froiteiras, Viña e Insectos en
vivendas |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca e
Berenxena |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Millo e
Plátano de Sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos e Varias
Frondosas |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro e Varios
Cultivos |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro,
Outros |
|
|
|
Viña, Maceira,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira,
Piñeiro |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña, Varios,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Camelia, Buxo,
Eucalipto |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Camelia,
Evonymus, Buxo |
|
|
|
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Froiteiras de oso,
Camelia e Piñeiro |
|
|
|
Kiwi |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Froiteiras e Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras e Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
23/06/2011
VIÑA Estado fenolóxico: L
(peche do acio) |
Mildiu:
|
Despois das
condicións climáticas favorables á enfermidade de fai uns
días a maior parte dos terreos recibirán xa os tratamentos
necesarios e só as plantas testemuña sen tratamento
deberían ter manchas ou danos recentes (nas que forman parte do noso
seguimento obsérvanse bastantes manchas desde o pasado día 17).
De feito, non atopamos novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento
nin tampouco outros técnicos nos informaron diso. Con todo,
recoméndase non descoidar a vixilancia debido a que aínda
se poden producir danos debidos ó ataque do fungo, que a partir deste
momento xa se poden producir en forma de "mildiu larvado".
|
Oidio: |
A viña aínda se
atopa nun período sensible ós ataques deste fungo polo que se
recomenda manter a protección.
|
Couzas do
acio: |
No aviso do pasado xoves 16
indicabamos que se rexistrara un pico no voo de segunda xeración de
couzas nas nosas parcelas do Rosal e O Condado. Nesta semana o pico tivo lugar
nalgunha das fincas do Salnés. Así e todo, hai que recordar que
para non realizar tratamentos indiscriminados deben complementarse as capturas
co conteo de ovos e/ou penetracións larvarias que, polo menos nas nosas
parcelas de seguimento, non atopamos. Non é necesario tratar.
|
Mosquito
verde e outros cicadélidos: |
Ata a
data as poboacións destes insectos non foron moi altas (inda que se
rexistran capturas de adultos nas trampas e se observan algunhas ninfas nas
follas, pero moi lonxe do límite de tolerancia). De momento, non
é necesario tratalas.
|
Ácaros: |
A situación
máis xeral é que non se observen síntomas do ataque de
ácaros máis que puntualmente, polo que insistimos una vez
máis en que só deben aplicarse acaricidas se se ten a seguridade
da súa presenza. Actuando desta maneira poderase protexer os
ácaros útiles fitoseidos, que de forma natural axudan a regular
as poboacións nocivas.
|
Outros: |
Informáronnos que nalgunhas
parcelas das comarcas vitícolas do sur da provincia apareceron, xa desde
finais da semana pasada, síntomas de black rot no acio (a súa
presenza confirmárona no laboratorio). Entre os funxicidas que se
utilizan para o seu control está o comoxanilo, que entra a formar parte
dalgúns formulados cúpridos que se utilizan nestes momentos da
campaña, e tamén cobres máis folpet, entre outros. En
calquera caso, se o ataque é especialmente grave consulte os
técnicos. Para máis información sobre esta enfermidade,
consulte a nosa
ficha técnica nº 52 "Guignardia_bidwelii (Ellis)
Viala & Ravaz. Black Rot".
|
MACEIRA |
Moteado: |
Se non se realizou ningunha intervención
fitosanitaria despois das chuvias de días pasados, é necesario
facela para evitar danos nos froitos.
|
Couza da
maceira: |
Continúa o voo dos adultos, polo que
é necesario manter protexidas as plantas en caso de non realizar
seguimentos específicos da curva de voo e das penetracións
larvarias.
|
|
|