|
Froiteiras, Viña e Insectos en
vivendas |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca e
Berenxena |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Millo e
Plátano de Sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos e Varias
Frondosas |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro e Varios
Cultivos |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro,
Outros |
|
|
|
Viña, Maceira,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira,
Piñeiro |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña, Varios,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Camelia, Buxo,
Eucalipto |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Camelia,
Evonymus, Buxo |
|
|
|
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Froiteiras de oso,
Camelia e Piñeiro |
|
|
|
Kiwi |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Froiteiras e Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras e Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
14/07/2011
VIÑA Estado fenolóxico:
L-M1 Peche do acio-envero (inicio) |
Mildiu:
|
En días pasados
volvéronse rexistrar períodos con condicións de
infección aínda que de momento non se observaron síntomas
cuxa aparición se pode esperar, tendo en conta as condicións
ambientais rexistradas, cara á fin desta semana ou ós primeiros
días da semana próxima. De feito, nas nosas parcelas de
seguimento apenas se observan as manchas incipientes nas plantas sen tratamento
que anunciaramos no aviso do pasado xoves día 7 e que non evolucionaron.
Coa entrada no verán xa non se producirán danos no acio
(só nos coñecidos coma "netos") pero convén non descoidar
a vixilancia dos novos brotes pois aínda se poderían producir
danos.
|
Oidio: |
En xeral non se observaron novos
síntomas. Ademais, as condicións climáticas dos pasados
días non foron especialmente favorables ó fungo polo menos
nalgunhas localidades debido ó carácter intenso das
precipitacións que se rexistraron. Non entanto, recibimos na
Estación mostras de acio con ataques non ben controlados deste
patóxeno polo que aínda é bo momento para aplicar un
tratamento centrado nos acios naqueles casos en que continúe o avance da
enfermidade para evitar os danos á uva (que ata que o envero se
xeneralice aínda poden seguir producíndose).
|
Botrytis
cinerea: |
Nalgunhas variedades especialmente sensibles
como treixadura ou godello pode aplicarse ó inicio do envero (cando un
5-10% de grans estean virando) un tratamento preventivo fronte a esta
enfermidade. De feito, xa nalgunhas viñas comezan a observarse
algún grans afectados. En albariño, se se mantivo una boa
protección fitosanitaria dos acios e estes están libres de
feridas, non debería haber problemas con esta enfermidade; en calquera
caso, se no seu viñedo aparecen habitualmente danos por este
patóxeno, pode aplicarse nos próximos días un tratamento
preventivo dirixido só ós
acios.
|
Couzas do
acio: |
Nunha das nosas
parcelas de seguimento observamos algunhas penetracións, pero nun nivel
aínda lonxe do límite de tolerancia. Pola súa parte, as
capturas de adultos nas trampas continúan moi baixas. Non é
necesario tratar.
|
Cicadélidos: |
Unha semana
máis temos que falar dun número moi baixo de capturas de
cicadélidos nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento e de
ninfas que se contabilizan nas follas (a mesma circunstancia sucede en leiras
controladas por outros técnicos, segundo nos informaron). Tampouco
recollemos de momento adultos de Scaphoideus titanus, que xa
poderían empezar a aparecer. Non é necesario
tratar.
|
Ácaros: |
Ó
igual que referimos no resto da campaña só se pode falar de
ataques moi puntais de ácaros, que en todos os casos deben ser
confirmados (e as súas poboacións cuantificadas para comprobar se
alcanzan o límite de tolerancia) co fin de evitar tratamentos
innecesarios que poidan prexudicar a fauna auxiliar.
|
Outros: |
Nalgunhas leiras da comarca do Salnés
atopamos plantas con abundantes puntos marróns nas follas,
pámpanos e zarcillos debidos a un forte ataque de
tisanópteros (TRIPS), que nas nosas áreas vitícolas
non soen ser frecuentes. Polo tanto, se se observa a sintomatoloxía que
se reflicte nas imaxes hai que aplicar un tratamento (entre os insecticidas
rexistrados están o spintor ou o metil-clopirifos).
É imporante confirmar a presenza
do insecto pois os síntomas poderían confundirse cun ataque de
ácaros (ou incluso con outras alteracións).
|
MACEIRA |
Moteado: |
A
previsión meteorolóxica continúa anunciando que a
climatoloxía non se estabilizará definitivamente nos
próximos días polo que se recomenda manter a protección
pois aínda se poden producir danos nas mazás.
Naquelas plantacións con mazás de recolección
débese prestar moita atención ó prazo de seguridade do
funxicida elixido. |
Outros: |
Como sempre indicamos,
aconséllase a eliminación das mazás caídas ó
chan en fase de podremia para reducir o nivel de inóculo de certos
patóxenos coma Monilia sp.
|
CASTIÑEIRO |
Avermado
das castañas: |
Das tres especies de lepidópteros que
poden provocar danos nas castañas Pammene fasciana é
coñecida coma o tortrícido precoz pois en xeral inicia a
súa actividade con anterioridade ás outras dúas. Tras
abandonar os ourizos as eirugas desta bolboreta refúxianse en gretas da
cortiza da árbore ata a primavera seguinte. Por iso, e considerando o
período de voo na nosa provincia, xa é bo momento para instalar
bandas de cartón ondulado ó redor dos troncos para que as larvas
se refuxien nelas. Ó retirar estas bandas no outono-inverno e
destruílas elimínase parte da poboación nociva para a
seguinte campaña. A mesma práctica é recomendable
no control de Cydia pommonella, coñecida coma couza da
maceira, para reducir a porcentaxe de mazás avermadas o ano
próximo. A seguinte secuencia mostra o proceso de
colocación destas "trampas para larvas":
|
|
|