|
Froiteiras, Viña e Insectos en
vivendas |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Pataca e
Berenxena |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Millo e
Plátano de Sombra |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos e Varias
Frondosas |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro e Varios
Cultivos |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Piñeiro,
Outros |
|
|
|
Viña, Maceira,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira,
Piñeiro |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira |
|
|
|
Viña, Varios,
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Camelia, Buxo,
Eucalipto |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Camelia,
Evonymus, Buxo |
|
|
|
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Froiteiras de oso,
Camelia e Piñeiro |
|
|
|
Kiwi |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Froiteiras e Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras e Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
28/07/2011
VIÑA Estado fenolóxico:
M1-M2 (Inicio do envero - Envero) |
NOTA: Segundo está previsto, a
vendima adiantarase esta campaña unha media de 2-3 semanas fronte
ó ano anterior (nalgunhas bodegas xa estableceron as súas datas
límite de tratamentos). Por este motivo, naqueles casos nos que
aínda hai que realizar algunha intervención deberase prestarlle
moita atención ó prazo de seguridade dos fitosanitarios
elixidos, que debe ser estritamente respectado.
|
Mildiu:
|
Na visita
realizada esta semana ás nosas parcelas de seguimento non observamos
signos da enfermidade. Aparecen unicamente de forma moi limitada e incipiente
nalgunhas follas terminais das plantas que non se trataron en toda a
campaña. Polo tanto non é necesario aplicar ningún
tratamento e, á vista de como se desenvolveu esta campaña, non
é probable que se efectúen máis
intervencións.
|
Oidio: |
Mantense a presenza de
síntomas nas plantas testemuño, nas cales incluso incrementaron
lixeiramente a súa intensidade. En calquera caso, dado que o fungo xa
non pode afectar o acio e que non se observan síntomas na
vexetación das plantas que si reciben tratamentos, non será
necesario tratar.
|
Botrytis
cinerea: |
As
condicións climáticas destes días (sol, humidade relativa
baixa e ausencia de precipitación e humidade foliar) non son favorables
á enfermidade. Ademais, segundo a previsión meteorolóxica,
espérase que continúe o tempo seco e caloroso na próxima
semana, co que non é necesario tratar. Así e todo, nas variedades
máis sensibles ó patóxeno aínda poden producirse
danos se se rexistra un cambio nas condicións ambientais, polo que de
momento se aconsella manter a vixilancia.
|
Couza do
acio: |
As
capturas de couzas mantéñense en niveis reducidos nas nosas
parcelas de seguimento (aínda que con lixeiros incrementos
nalgúns casos) e tampouco se encontran novos signos de actividade
larvaria. Polo tanto non é necesario tratar.
|
Cicadélidos: |
Os niveis
de cicadélidos en trampas e en folla son reducidos, en xeral, nesta
campaña. De momento non capturamos ningún adulto de
Scaphoideus titanus nas parcelas da zona sur de Pontevedra nas que temos
instalado o trampeo específico, pero xa pronto poden empezar a
capturarse segundo a experiencia doutros anos (ata agora tampouco localizamos
ninfas). Non é necesario tratar.
Scaphoideus titanus
é un homóptero cicadélido de orixe americana cuxa
planta hóspede, en Europa, é a vide. A pesar de non causar danos
directos sobre o cultivo ten unha grande importancia por ser o único
vector do fitoplasma responsable da flavescencia dourada (FD), enfermidade de
corentena que pode levar á morte das plantas e que xa se detectou no
norte de Portugal. En Galicia non observamos a enfermidade pero si, desde 2007,
o insecto Despois de invernar en forma de ovo baixo a cortiza ó
longo da primavera desenvólvense as ninfas de Scaphoideus
titanus; desde o verán poden aparecer os adultos. Todos os estados
se alimentan succionando zume das plantas, de maneira que se un insecto ataca
unha planta portadora de enfermidade adquire o fitoplasma e pode infectar
outras. Os síntomas da flavescencia dourada non son específicos,
pero entre eles están a debilidade dos pámpanos, a
colocación das follas en forma de tella, a perda de inflorescencias e,
incluso, a morte das plantas afectadas. En Galicia realízanse
programas específicos de detección de S. titanus desde
1999; en 2007 encontrouse por primeira vez nunha trampa instalada no concello
de Crecente (Pontevedra) e, desde entón, capturáronse adultos
todos os anos, aínda que sempre en baixo número, na comarca do
Condado (en 2009 tamén no Rosal). Nunca se detectou o fitoplasma nin nos
insectos nin en mostras de planta.
|
Trips: |
Seguimos
encontrando máis parcelas con fortes síntomas de trips, cuxa
presenza confirmamos no laboratorio. Da mesma forma, recibimos máis
mostras, da comarca do Salnés, con abundantísimas ninfas destes
insectos. Por outro lado, informáronnos de que nalgúns
diagnósticos de campo se confundiu a sintomatoloxía coa causada
por ácaros, polo que se insiste en que é moi importante confirmar
de que praga se trata para actuar en consecuencia.
|
Ácaros: |
En
ningunha das nosas parcelas de seguimento se observan síntomas da
presenza de ácaros e tampouco recibimos mostras positivas na
Estación. Aconséllase, coma sempre, confirmar a súa
presenza en caso de síntomas e cuantificar as súas
poboacións para determinar a conveniencia de tratar ou non, sobre todo
considerando o longo prazo de seguridade dalgúns acaricidas.
|
MANZANO |
Moteado: |
As
condicións climáticas destes días non son favorables
á enfermidade e non se observan novos síntomas. Non é
necesario tratar.
|
Couza da
maceira: |
Nalgunhas
parcelas volveuse superar o límite de tolerancia por capturas de adultos
nas trampas. Polo tanto, e debido a que esta praga pode causar danos mentres as
mazás están nas árbores, recoméndase manter a
protección, respectando sempre os prazos de seguridade dos
insecticidas empregados nos tratamentos.
|
|
|