|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
09/06/2017
VIÑA Estado fenológico:
J (grans de 3 mm)
|
Unha semana máis engadimos un comentario sobre a fenoloxÃa debido a que nesta semana observamos un incremento significativo do tamaño dos grans, máis acusado nunhas parcelas que noutras. O ano anterior a estas alturas estabamos entrando no “callado†da uva, aÃnda que compartindo presenza coa floración. É máis, aÃnda que non o reflectimos arriba (no estado fenolóxico), moitos grans presentan unha dimensión maior da mencionada, e mesmo na nosa finca de seguimento de Vide (O Condado) o tamaño da uva xa permite que se toquen entre sÃ.
|
Mildio |
A situación climática desta semana foi, en xeral, semellante á da anterior no sentido de que predominou a meteoroloxÃa variable, con perÃodos de humidade relativamente prolongados e nubes alternando con perÃodos máis claros. Ademais, houbo precipitacións o luns e, segundo as zonas, tamén o martes ou mesmo esta noite pasada nalgunhas zonas. Porén, tamén algún dÃa houbo ventos secos e as temperaturas nocturnas foron máis baixas que no anterior perÃodo, salvo o sábado dÃa 3, o martes 6 e esta última noite.
Con este precedente, a situación observada nas nosas parcelas de seguimento e noutras que visitamos permaneceu bastante estable canto ás plantas tratadas, é dicir, ausencia de sÃntomas salvo nas partes das plantas que, por un exceso de vexetación, non foron alcanzadas polos funxicidas nos últimos tratamentos. Pola súa parte, nas plantas testemuñas ou non sometidas a tratamentos apareceron novos sÃntomas a partir de luns (tamén abundantemente nos acios), e mesmo algunhas plantas de variedades non definidas que medran nos bordes de camiños ou nos muros, que só amosan manchas cando as condicións son certamente favorables, empezan a presentalos. De feito, no captador de esporas que temos entre as dúas liñas de plantas testemuña da nosa finca de Areeiro, obtÃvose o martes a máxima carga de esporas (707 esporas/m 3), e desde entón as cifras continúan elevadas e polo tanto o nivel de risco alto.

Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)
|
As diferentes axencias meteorolóxicas consultadas tampouco coinciden, neste momento, nas previsións de choiva para a próxima semana xa que, mentres nalgunhas non se apunta posibilidade de precipitación (e mesmo anuncian temperaturas moi elevadas), noutras hai probabilidades do 10 ao 20% para algúns dos próximos dÃas. Tampouco coinciden no réxime e dirección dos ventos e nas temperaturas previsibles polo que a única recomendación que podemos aportar é a mesma da semana anterior: revisión dos viñedos, sobre todo daqueles en que estea próximo a concluÃr o perÃodo de protección, e renovación do tratamento se aparecen novos sÃntomas, en especial se a climatoloxÃa é finalmente favorable ás infeccións.
|
OÃdio |
Desde a floración a viña atópase nun perÃodo sensible á enfermidade que se prolongará ata o peche do acio. Ademais, o perigo de infección é elevado debido á climatoloxÃa reinante estes dÃas, e parece que vai continuar asà de cumprirse as previsións de tempo variable. Polo tanto, e aÃnda que nos non topamos novos sÃntomas nas plantas tratadas (e mesmo nas testemuña tampouco observamos grande incidencia do patóxeno), hai que manter a vixilancia nun nivel elevado e, se hai que facer unha intervención fronte ao mildio, renovar igualmente o tratamento fronte a este outro patóxeno.
Na protección dos acios fronte aos ataques deste fungo ten unha grande importancia mellorar o microclima á altura dos acios, procurándolles máis aire e máis luz. Aparte do corte das ramas máis vigorosas, a eliminación das follas dunha das caras do acio, concretamente da oposta á radiación solar, é una práctica aconsellable nestes intres (e tamén máis cara a maduración) para viñas moi frondosas. Pero hai que facela moderadamente e con sentido, porque unha esfolla excesiva ou en caras incorrectas pode levar a unha redución de azucres ou a problemas de queimaduras solares.
|
Botrite |
Tampouco esta semana observamos sÃntomas de botrite, nin sequera neses acios aos que faciamos referencia no aviso anterior que aÃnda manteñen os restos dos capuchóns florais. De feito, a densidade de esporas baixou fronte á semana anterior no captador de esporas instalado entre as filas testemuña de Areeiro. Manter a vixilancia, especialmente en variedades sensibles e si nos próximos dÃas se producen perÃodos longos de humidade ou precipitación (non previstos inicialmente).

Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
|
|
Black rot |
Fronte a outras áreas vitÃcolas de fóra da provincia de Pontevedra onde, segundo nos informaron, apareceron máis sÃntomas nos últimos dÃas, no noso percorrido habitual non houbo cambios respecto a este patóxeno.
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
A situación observada é semellante á da semana pasada (poucas capturas, aÃnda que algún glomérulo máis). Con todo, xa empeza a desenvolverse nalgunhas fincas o segundo voo dos machos de Lobesia botrana, polo que é aconsellable non descoidar a renovación da feromona no caso en que sexa necesario.
|
Cicadélidos |
Na totalidade de parcelas de seguimento que temos, independentemente da comarca na que estean, as capturas nas trampas amarelas seguen en niveis moi baixos (apenas 2-3 individuos máis fronte á semana anterior). Porén, máis dun colaborador nos informou de que se están a facer os primeiros tratamentos fronte a este insecto en O Salnés. É certo que o número de ninfas nas mostraxes de follas se incrementou lixeiramente, pero aÃnda está lonxe do limiar de tratamento de 1-2 ninfas/folla establecido para Empoasca vitis. É máis, na nosa zona este insecto ten en realidade unha importancia relativa, e nunca se demostraron as consecuencias do seu ataque sobre o grao alcohólico ou a produción. Ademais, os sÃntomas que poderÃa chegar a producir poden ser confundidos con outras alteracións bióticas (por exemplo alteracións de madeira) ou abióticas (seca, carencias...). Por outra banda, lembren que as poboacións son maiores, e polo tanto deben ser consideradas, só cando hai longos perÃodos de calor e baixa humidade relativa.
|
Altica |
Continúan aparecendo algúns sÃntomas novos na nosa parcela de seguimento de Vide (O Condado), e tamén apareceron esta semana na nosa viña de Areeiro, pero apenas nun par de follas.
|
Ãcaros |
Unha semana máis só temos que falar do incremento de sÃntomas de erinose de verán, que son especialmente notorios nalgunhas fincas, aÃnda que afectan a plantas illadas. Canto ás demais especies de ácaros, non observamos nin sÃntomas nin poboacións, nin nas nosas parcelas de seguimento nin nas mostras recibidas na Estación.
|
MACEIRA |
Moteado |
Continuamos con ausencia total de sÃntomas nas parcelas da nosa rede de control. Por iso, esta semana visitamos outras novas, mesmo unha plantación con variedades diversas que non recebe tratamentos, e obtivemos o mesmo resultado. Manter a vixilancia, en especial en fincas con historial desta enfermidade.
|
OÃdio |
MantÃvose, na variedade Golden da nosa finca de Areeiro, a situación descrita a semana anterior: sÃntomas estabilizados. No resto de variedades, e nas plantas das demais parcelas, non se observan gromos coa presenza do fungo.
|
Couza da mazá (Cydia pomonella) |
Instalamos dúas novas trampas esta semana en dúas fincas ecolóxicas da comarca de O Rosal. Na trampa de Areeiro esta semana apareceu o primeiro sÃntoma na froita, pero aÃnda asà non realizaremos tratamentos. Lembren que dous machos nas trampas é o lÃmite a partir do que se debe tratar e que, en caso de non ter trampas de seguimento, a protección debe ser continua para evitar a presenza de froitos danados.
|
PATACA
|
Mildio |
O risco de infección é bastante alto debido á elevada humidade relativa que se rexistra, que supera o 70% de media en todas as zonas. Por iso, aconséllase manter as plantas protexidas, pero prestando atención ao prazo de seguridade naqueles casos en que se estean a levantar plantas para aproveitar os primeiros tubérculos.
|
Escaravello |
Tamén se están a observar adultos e larvas deste insecto atacando ás plantas en moitas fincas, nalgúns casos dun xeito moi evidente. Se aÃnda non se van levantar as plantas débese aplicar un tratamento.
|
BUXO
|
Cydalima perspectalis |
Do mesmo xeito que a semana anterior, observamos máis postas e larvas aÃnda moi pequenas nas sebes, que continúan igualmente mantendo sas as súas follas, e sen unir polos fÃos de seda. Observamos tamén algún adulto novo sobre as plantas. Novamente non aplicaremos tratamento nas sebes que temos en Areeiro (e continuaremos revisando outras) á espera de que aparezan sÃntomas evidentes xa que, segundo o que levamos mirando, non é en absoluto urxente iniciar as aplicacións.
|
|