Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
16/06/2017


VIÑA Estado fenológico: K (tendendo a tocarse xa os grans)
Mildio

Segundo a bibliografía, os esporanxios deste fungo desactívanse tras máis de 8 horas de temperaturas superiores a 30 ºC. Pero tamén sabemos que as condicións de temperaturas altas unidas a unha humidade relativa elevada e/ou a precipitación ou orballos son moi favorables ao desenvolvemento do fungo. Pois ben, desde o aviso anterior houbo varios días compatibles coa desvitalización dos esporanxios, pero máis acusadas foron aínda as condicións para a esporulación do fungo: practicamente todas as noites houbo temperaturas mínimas de 14-17 ºC (ou mesmo ata 18,3 ºC -estación de Meder o día 13- ou 19 ºC –en Eiras esta última noite-), humidades relativas medias de 86-94% (non nesta última noite) e humidade foliar durante boa parte das horas nocturnas (a esporulación do mildio ten lugar de noite sempre que se dean, durante un mínimo de 4 horas, temperaturas superiores a 13 ºC e humidade relativa superior ao 92% -ou humidade foliar-). A estas condicións tan favorables hai que engadir a mañá de precipitación/tronada do día 13 durante a que houbo tamén moita temperatura, que continuou cunha tarde soleada e calorosa.

De feito, o volume de esporas no captador que temos entre as dúas liñas testemuña na viña de Areeiro, se xa fora moi elevado a semana anterior (707 esporas/m3), acadou esta semana niveis excepcionais, cun máximo de 3.560 esporas/m3 o martes día 13.

grafica_19052017
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA
(colaboración coa facultade de Ciencias do campus de Ourense –Universidade de Vigo)

Estas condicións extremadamente favorables tiveron o seu reflexo nas viñas. Na visita ás parcelas da nosa rede, a outras que visitamos e segundo deducimos das consultas de viticultores, hai manchas novas aparecendo en todas as fincas, mesmo en variedades pouco sensibles, e tamén nalgunhas hai os primeiros síntomas no acio. Da mesma situación nos informaron algúns colaboradores, sobre todo da zona de O Rosal. E, loxicamente, nas plantas testemuña, case a totalidade de follas e todos os acios aparecen con síntomas que en moitos casos acadan a toda a superficie. Ante esta situación haberá que renovar canto antes os tratamentos, quen non o fixera xa despois das choivas do martes, en cuxo caso é IMPRESCINDIBLE comprobar que a intervención foi eficaz.


14xuñ17_Manchas en planta tratada 14xuñ17_ Vista parcial de parcela testemuña 14xuñ17_Mildio en acio de planta testemuña



Oídio

A pesar de que algúns días e durante varias horas as condicións climáticas tamén son favorables ás infeccións por este fungo, a incidencia, polo menos nas fincas que nos visitamos, é inferior. Si é certo que apareceron novos síntomas mesmo en plantas tratadas, pero de xeito esporádico. Debido a que aínda a viña se atopa en período sensible ao fungo é conveniente seguir engadindo un antioídio cando se realice un tratamento antimildiu, sobre todo porque o patóxeno é moi difícil de frear cando se estende na viña.

Oidio en folla Gran de uva con oidio
Botrite

Fronte ao mildio, a carga de esporas deste patóxeno sigue en niveis moi baixos, pero tampouco hai de momento unhas condicións ambientais tan favorables a este fungo. Iso sí, naquelas viñas que teñan sufrido un forte ataque de midio estes días, as follas e acios (ou parte deles) que se necrosen e sufran roturas serán portas de entrada á botrite baixo condicións favorables, o que terá que considerarse no futuro.

grafica_19052017
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA

Racimos mostrando un cuajado deficiente de la uva  Fructificación de botritis sobre capuchones en el extremo del racimo
Black rot

Black rot - Detalle de la mancha mostrando Picnidios Non atopamos novos síntomas, nin en folla nin en acio, nas fincas de O Condado onde aparecera anteriormente a enfermidade.
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Na práctica totalidade de parcelas onde temos instaladas trampas de feromona se incrementou (só lixeiramente, iso si) o número de machos de Lobesia botrana capturados, o que indica que se iniciou a segunda xeración en todas as zonas. Ademais, tamén observamos algún glomérulo (puntualmente) e vimos tamén o primeiro ovo nun gran. Con todo, de momento non é necesario tratar.

14xuñ17_Primeira posta da segunda xeracion de Lobesia. 14xuñ17_A presenza de glomerulos esta estabilizada
Cicadélidos

Nas nosas parcelas de seguimento onde temos instaladas trampas amarelas para a captura dos adultos destes insectos, as poboacións seguen a ser reducidas. Só destacou a parcela de seguimento de Vide (O Condado), onde desde a semana anterior recollemos 60 individuos, lonxe aínda das 250 capturas por trampa e semana que está establecido como limiar de tratamento (e que se está a revisar porque se pensa que está sobreestimado). E, do mesmo xeito que a semana anterior, a presenza de ninfas nas follas continúa lonxe do limiar correspondente (1-2 ninfas/folla para Empoasca vitis). Tampouco observamos aínda as primeiras ninfas de Scaphoideus titanus nas fincas nas que se teñen detectado poboacións desta especie outros anos.

Lembren que os síntomas que unha elevada poboación podería chegar a producir poden ser confundidos con outras alteracións bióticas (por exemplo alteracións de madeira) ou abióticas (seca, carencias...) que se están a manifestar estes días pola climatoloxía reinante


 Ninfa de Empoasca vitis en hoja de albariño 14xuñ17_Vista parcial de trampa con capturas cicadelidos nunha semana
Altica

Nesta semana incrementáronse máis os síntomas na nosa parcela de seguimento de Vide, pero ao afectar sobre todo a follas vellas de baixa eficiencia fotosintética carecen de importancia.

Folla con necrose limbo por Altica Hoja de albariño con larvas de último estadio y daños de Altica
Ãcaros

Tampouco nesta semana observamos síntomas, nin detectamos poboacións, nas parcelas da nosa rede de seguimento, noutras que visitamos ou nas mostras recibidas na Estación. Porén si continúa incrementándose a presenza de erinose nos gromos novos dalgunhas fincas.

14xuñ17_Alguns gormos presentan moita erinose Elevada presenza de erinose en gromo terminal Síntomas de erinosis de verano en variedad tinta
Outros

Coas condicións climáticas desta semana nas plantas afectadas por alteracións da madeira empezan a observarse, ou se incrementan, os síntomas asociados. Lembren que si afectan a un só brazo pode eliminarse (aplicando mástic con funxicida no corte) e que si non é así é conveniente marcar as plantas afectadas.

Tamén nesta semana empezamos a observar puntualmente os síntomas típicos dunha insolación excesiva (golpe de sol) nos grans daquelas fincas en que o esfollado se fixo dun xeito demasiado intenso, non moderado.


Coas altas temperaturas nalgunhas plantas aparecen os sintomas de alteracions de madeira 14xuñ17_Primeiros grans con sintomas de golpe de sol Os esfollados non deben deixar os acios totalmente ao sol
PATACA
Mildio

As condicións nocturnas favorables que se rexistraron esta semana provocaron que mesmo en fincas onde o anterior tratamento estaba aínda recente, continuasen aparecendo síntomas e esporulación viable. Por este motivo, se non se renovou estes últimos días a intervención, será preciso facelo. E, como dixemos a semana anterior, será imprescindible nestes casos prestar atención ao prazo de seguridade nas fincas onde se estean a levantar plantas para aproveitar os primeiros tubérculos.

Sintoma mildio en rama pataca Esporulacion mildio pataca 14xuñ17_As condicions climaticas favoreceron mildio pataca
BUXO
Cydalima perspectalis

Continuamos sen observar síntomas claros da alimentación das eirugas, tanto nas sebes de Areeiro como en outras que fomos revisar. Si topamos máis postas eclosionadas, algunhas larvas aínda moi pequenas e un adulto máis. Nós continuaremos agardando antes de facer a intervención para poder informar da evolución da praga e indicar cándo si será conveniente realizar o primeiro tratamento fronte a esta xeración.

Ovos de C perspectalis eclosionados 40x-2 Primeiro adulto visualizado segunda xeracion 2017 Cydalima Brote boj con daño de C. perspectalis