Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
23/06/2017


VIÑA Estado fenológico: K- L


Novamente esta semana temos que referirnos á fenoloxía debido ao adianto que presenta en relación á campaña precedente debido ás condicións de clima máis seco e caloroso que se suceden. De feito, aínda que a fenoloxía dominante observada esta semana é a referida anteriormente, en variedades moi temperás de zonas especialmente cálidas de O Condado xa empezamos a ver uvas con cambio de cor, e mesmo algunha variedade coa totalidade dos grans virados de cor.

21xuñ17_Estado acios var. Alicante en Crecente 21xuñ17_Estado acios var. moi temperá en Crecente 21xuñ17_Comeza brillar uva Treixadura
No ano anterior o peche do acio produciuse cara a metade de xullo, e os primeiros grans virados de cor observarámolos na primeira semana de agosto. Con estes datos, todo parece apuntar a que a vendima se vai adiantar este ano, pero aínda queda marxe para que a situación se reverta segundo o sucedido noutros anos en que tamén se falaba de adianto pero que finalmente a vendima tivo lugar só uns días antes do habitual

Mildio

Desde a emisión do aviso anterior as condicións climáticas foron semellantes ás da semana precedente, aínda que houbo un lixeiro descenso nas temperaturas mínimas (salvo as noites do 17, 20, 21 e/ou 22) que con todo se mantiveron excepcionalmente altas, da humidade relativa media e do número de horas de humidade foliar (neste caso salvo nalgunhas estacións da comarca de O Salnés). Canto ás máximas, o día 22 houbo en xeral en torno a 8 horas por riba dos 30 ºC (os esporanxios poderían desvitalizarse), e o resto de días segundo recollen as estacións meteorolóxicas mantivéronse en valores inferiores aos previstos, aínda que a sensación térmica daba a entender que os rexistros eran máis elevados.

Na nosa revisión ás viñas volvemos visitar máis fincas das propias da nosa rede de seguimento, estas últimas tratadas tras as choivas do día 13 pasado. Puidemos observar cómo non apareceron síntomas novos nas follas (si nas plantas testemuña sen tratar) e como os que se detectaran nos acios a semana anterior aparecían aparentemente curados. Neste sentido, esta semana, aparte do captador de esporas ao que facemos referencia nestas últimas semanas, situado entre as filas testemuña de Areeiro, colocamos un portátil entre dúas filas tratadas que non da medicións en continuo. Pois ben, no mesmo día e franxa horaria, mentres no primeiro se recolleron 775 esporas/m3, no segundo había só 17/m3.
Con todo, e como xa dixemos, tamén visitamos viñas das que descoñecemos o historial de intervencións, con sintomatoloxía viable nos acios, manifestada tanto na forma da esporulación branca típica saíndo dos grans como na forma do mildio larvado, o que é un problema bastante complicado de xestionar.


21xuñ17_Fructificacion de mildio en acio 21xuñ17_Grans albariño con mildio 21xuñ17_Mildio en Caiño 21xuñ17_Mildio larvado
As diferentes axencias meteorolóxicas consultadas apuntan probabilidades de entre 35 e 85% de precipitación para varios días da semana próxima aínda que a día de hoxe non anuncian choivas de elevada contía. Tamén anuncian descenso de temperaturas, pero en xeral as nocturnas serán aínda favorables ao patóxeno. Por iso, e pese a que xa ao aproximarse o pintado (“envero†ou virado da cor) a uva non é tan susceptible, non hai que descoidar a vixilancia, revisando as viñas e tratando se aparecen novos síntomas, en especial o mildio larvado que, como todos sabemos, é un problema complicado de xestionar.
A partir de agora lembren que xa son recomendables os tratamentos con produtos que incorporen o cobre no formulado

Oídio

Naquelas viñas nas que xa se acadou o peche do acio, o risco de danos por esta patoloxía redúcese sensiblemente. De feito, na xeneralidade de parcelas que visitamos apenas observamos algúns grans co micelio do fungo, pero só en acios puntuais. Con todo, ata acadar o virado aínda hai risco de ataque, e as néboas e nubes dalgúns días, que xa foron bastante persistentes por zonas, son condicións favorables, polo que aínda hai que manter a vixilancia.

Oidio en folla 21xuñ17_Apenas se observa oidio
Botrite

Nesta semana a carga de esporas no captador que temos entre as filas testemuña da viña de Areeiro sufriu un lixeiro incremento, pero non observamos síntoma algún en ningunha viña, aínda que si miramos algún rachado fisiolóxico nalgún gran illado que pode ser vía de entrada para este patóxeno.

botritis_23062017
Gráfica do captador de esporas situado en Areeiro ENTRE AS PLANTAS TESTEMUÑA

 Fructificación de botritis sobre capuchones en el extremo del racimo Este rachado fisiolóxico é unha ferida pola que pode entrar botrite
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella)

Canto a capturas nas trampas de feromona, a situación observada nas nosas parcelas de seguimento é de escasos machos de Lobesia botrana ou ningún. Tamén a presenza de síntomas, tanto nas parcelas da nosa rede como noutras que visitamos, é anecdótica. Non é necesario tratar.

14xuñ17_Primeira posta da segunda xeracion de Lobesia. Cambio na coloración do gran como consecuencia da penetración dunha couza no interior do acio
Cicadélidos

Unha vez máis temos que falar de capturas moi reducidas nas trampas amarelas que temos instaladas nas fincas da nosa rede de seguimento. Debido ás escasas poboacións, e aínda que é cedo, xa colocamos máis trampas para a captura de adultos de Scaphoideus titanus na zona fronteiriza con Portugal, país onde xa está detectada a enfermidade que transmite, a flavescencia dourada, que nunca apareceu na nosa comunidade. Canto ao reconto de ninfas nas follas, seguen en cifras inferiores aos limiares de tratamento.

14xuñ17_Vista parcial de trampa con capturas cicadelidos nunha semana	 Ninfa de Empoasca vitis en hoja de albariño Empoasca vitis_adulto
Altica

Nesta semana non notamos cambios no número de follas sintomáticas na nosa parcela de seguimento de Vide.

Folla con necrose limbo por Altica Hoja de albariño con larvas de último estadio y daños de Altica
Ãcaros

Aparte de que continúan a aparecer novos síntomas de erinose nas follas tenras de moitas parcelas, nunha das viñas que visitamos esta semana na zona de Barrantes (Salnés) atopamos síntomas que apuntaban a acariose e que confirmamos á lupa. Con todo, aínda non se acadaba o limiar de tolerancia, pero visitaremos o viñedo a próxima semana para confirmar a evolución da poboación.

14xuñ17_Alguns gormos presentan moita erinose Detalle de gromo con dano causado por Calepitrimerus vitis Calepitrimerus vitis_80x
Outros

Do mesmo xeito que a semana precedente continúan aparecendo síntomas de alteracións da madeira e tamén, nas viñas nas que se fixo un esfollado intenso, acios afectados por golpe de sol.
Coas altas temperaturas nalgunhas plantas aparecen os sintomas de alteracions de madeira 14xuñ17_Primeiros grans con sintomas de golpe de sol Os esfollados non deben deixar os acios totalmente ao sol
PATACA
Mildio

En xeral non observamos novos síntomas nas fincas que visitamos pero é necesario lembrar que, si se producen as choivas que anuncian as axencias meteorolóxicas para a semana próxima haberá condicións moi favorables (que en realidade xa o son actualmente debido á humidade relativa e á humidade foliar). Lembren que naqueles casos nos que se estea a levantar o cultivo é preciso respectar escrupulosamente o prazo de seguridade dos funxicidas.

Sintoma mildio en rama pataca Esporulacion mildio pataca 14xuñ17_As condicions climaticas favoreceron mildio pataca
Varios insectos (pulguiña da pataca –Epitrix spp.-, couza da pataca…)

Precisamente para aqueles casos en que se estea a producir a colleita, ou que estea próxima, lembren que os restos do cultivo deben ser eliminados (e nunca deixar os tubérculos nas fincas, menos aínda cubertos polas ramas) para evitar que sirvan de refuxio para estas pragas.

Os restos do cultivo deben eliminarse Galerías larvarias de Epitrix similaris en tubérculo Síntoma do ataque de couza en tubérculo
BUXO
Cydalima perspectalis

Nesta semana, tanto na zona sur de Pontevedra como nos arredores da propia cidade observamos xa síntomas evidentes do ataque das eirugas desta praga, e mesmo nos informaron dunhas sebes xa bastante defoliadas. Tamén continuamos observando postas novas, o que indica que os adultos continúan voando. Por estes motivos, é bo momento de iniciar os tratamentos fronte a esta xeración para tratar de evitar danos máis graves.

21xuñ17_Eirugas Cydalima xa fan danos notorios 21xuñ17_Aparte dos sintomas son visibles excrementos eirugas Cydalima Signos alimentacion Cydalima
PLÃTANO DE SOMBRA
Oídio

As condicións climáticas están a ser favorables a diferentes especies de oídio, e no caso dos plátanos de sombra está a observarse unha importante presenza do seu característico micelio branco-gris nas follas máis tenras ou terminais.

Algunhas follas teñen micelio do patoxeno Enves de folla con oidio
Tigre do plátano

En varias localidades da provincia tamén se está observando o síntoma característico dos ataques deste insecto: picaduras nas follas de cor amarela - marrón. Se a súa presenza se incrementa pode dar defoliación prematura das plantas, co que deixan de aportar sombras. Lémbrase que os insecticidas autorizados para este uso no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio son alfa cipermetrin 10% [EC] P/V, deltametrin 10% [EC] P/V e deltametrin 2,5% [EC] P/V.

21xuñ17_adultos,ninfas,excrementos tigre do platano Face da folla de platano coas picaduras de Corythuca