|
Frondosas
|
|
Froiteiras de pebida e de óso e Viña, CÃtricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións
|
|
Danos por vento e choivas fortes
|
|
Piñeiro
|
|
Viña, Maceira e Pereira, Buxo
|
|
Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña, Diversos frutais, Pataca
|
|
Viña, CÃtricos, Nogueira
|
|
Viña, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, HortÃcolas en recolección
|
|
Viña, HortÃcolas en recolección, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Buxo, Camelia
|
|
Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro
|
|
Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra
|
|
Viña, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros
|
|
Viña, Maceira, Pataca, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas
|
|
Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, CÃtricos, Castiñeiro, Piñeiro
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, CÃtricos
|
|
Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo
|
|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, CÃtricos, Buxo
|
|
Viña
|
|
Viña
|
|
Froiteiras de óso, Kiwi, CÃtricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios
|
|
Varias árbores, CÃtricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca
|
|
Piñeiro, Frondosas
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
28/07/2017
VIÑA Estado fenológico:
M1 - M2 - (N) [estados 81-83-(85) da codificación BBCH]
|

Nesta semana volvemos notar un adianto evidente na fenoloxÃa da viña, estando todas as nosas parcelas de seguimento no pleno pintado e mesmo, as máis adiantadas e en xeral acios de case todas as demais, cos grans brillantes ou empezando a abrandar (estes os menos). Como sempre, esta circunstancia é máis clara na finca de Vide (O Condado) que posúe unhas condicións extraordinarias para o desenvolvemento da viña. Tanto é asÃ, que mesmo recollemos unha pequena mostra de grans para facer a medición do grao alcohólico e, se ben aÃnda estamos en xullo, xa se acadaban os 9,87º de media. Esta campaña está a ser a máis adiantada dos últimos anos a estas alturas, próxima iso si á de 2011, cando o estado “N†consignámolo nas fincas da nosa rede o 2 de agosto. Fronte ao ano anterior (2016), o inicio da maduración se está a producir case un mes antes, xa que daquela se chegou a “N†o dÃa 24 de agosto
Segundo nos informaron, as grandes bodegas xa empezan a fixar as datas lÃmite para o último tratamento. Porén, aÃnda queda marxe de tempo para realizar algunha intervención se é preciso, pero non esquezan que deben elixirse os produtos con PRAZOS DE SEGURIDADE QUE POIDAN SER RESPECTADOS
|
Mildio |
No momento da emisión do aviso anterior, as previsións meteorolóxicas anunciaban, en xeral, tempo soleado para esta semana, aÃnda que algunhas apuntaban alta probabilidade de precipitacións para o sábado dÃa 22. Pois ben, finalmente a climatoloxÃa si foi bastante estable aÃnda que sen as temperaturas tan altas doutras semanas e con maior presencia de néboas persistentes ou nebulosidade, ao marxe da reducida precipitación (sempre inferior a 5 l/m2 pero o normal do orde de 0,5-2) rexistrada na maiorÃa das zonas o dÃa previsto e tamén onte xoves dÃa 27 (de menor contÃa).
Na visita do mércores 26 ás nosas parcelas de seguimento e a aquelas outras que visitamos apenas atopamos sÃntomas bastante ailllados da enfermidade en follas terminais de gromos que non están cubertos por unha intervención anterior. Tamén a carga de esporas no captadores que temos en Areeiro foi baixa, especialmente nas filas tratadas (volumes sempre inferiores a 50 esporas/m 3) pero igualmente nas testemuña, onde tamén apenas variaron os sÃntomas (ver gráfica).
As previsións das axencias meteorolóxicas consultadas apuntan a certa inestabilidade para os próximos dÃas, con posibilidade de precipitacións máis ou menos lixeiras, segundo a previsión, para sábado, e domingo, luns ou xoves. Co pintado xa xeneralizado o fungo non afecta aos acios, co que xa non hai risco de perdas directas sobre eles e non será necesario, en xeral, aplicar tratamentos fronte a esta enfermidade. Unicamente poderÃa ser necesaria unha intervención no caso de que as posibles precipitacións que se dean no futuro afecten seriamente á vexetación e poidan comprometer a adecuada maduración da uva, o que será máis probable en parcelas debilitadas pola seca deste ano (ou outros motivos), algunhas das cales xa están a perder follas debido á escaseza de choivas.
|
OÃdio |
As condicións climáticas destes dÃas pasados foron bastante favorables ao fungo ao haber moitos dÃas con néboas ou nebulosidade durante parte do dÃa. Porén, dado que xa o pintado é o estado dominante nas viñas e que a partir deste momento o patóxeno xa non afecta aos grans, non notamos cambios fronte á semana anterior salvo nunha fila dunha variedade tinta moi sensible que non se trata nunha das fincas da nosa rede de seguimento e nos acios que medran nos gromos coñecidos como “netosâ€, onde si se observou maior presenza de micelio. Estes acios, nos casos en que sexan abundantes, deben ser eliminados porque son sensibles a este fungo e as posibles gretas que poidan producirse na súa pel poden incrementar o risco de ataque de botrite si se dan condicións favorables ata a vendima.
|
Botrite |
Como dixemos na semana anterior, a partir de agora é a podre a enfermidade á que máis atención hai que prestar, porque co incremento dos azucres na uva hai máis probabilidade de que se instale o patóxeno, cuxo volume de esporas, na nosa finca de Areeiro, aÃnda é baixo pero está a aumentar (ver gráfica). De momento os acios están bastante sas, aÃnda que hai que prestar atención aos posibles danos debidos ás couzas do acio, onde soe instalarse, ou ás fisuras en grans de variedades como Loureira, ou aos danos por paxaros que non tardarán moito en aparecer nos acios de maduración máis temperá. É necesario incrementar a vixilancia e en especial se hai longos perÃodos de tempo con humidade elevada.
|
Couzas do acio (Lobesia botrana, Eupoecilia ambiguella) |
Está a comezar o voo da terceira xeración de Lobesia botrana (de Eupoecilia ambiguella non tivemos capturas nesta campaña) e por iso, e como dixemos anteriormente na botrite, é necesario vixiar moi ben a presenza de ovos e sobre todo de buracos de penetración ou as propias penetracións de eirugas nos grans. Hai que ter en conta que máis que danos directos (que non soen ser graves na nosa zona), as feridas das eirugas poden ser as vÃas de entrada para o fungo da podre, e de aà que os limiares de tratamento garden relación coa sensibilidade da uva ao patóxeno: non está xustificada unha intervención por debaixo de 3-5% de acios con penetracións nas viñas sensibles á botrite e por debaixo do 8% no resto de casos.
|
Cicadélidos |
Se na visita anterior ás parcelas da nosa rede observaramos un incremento das poboacións destes insectos en voo, nesta semana notamos ese aumento nalgunhas das comarcas do sur, onde a cifra máxima de capturas foi de 166 adultos, inferior aÃnda ao limiar de tratamento. Por iso instalamos unha nova trampa amarela en cada unha das parcelas para que sexa máis sinxelo facer o control das capturas. Con todo, non esquezan que os limiares de intervención que están establecidos para estes insectos (máis de 250 capturas/trampa e semana) están a ser revisados porque se supoñen sobreestimados, ao non xerar danos significativos como antes se pensaba. Por iso, para tomar unha decisión acertada hai que facer tamén o reconto de ninfas nas follas, e este dista moito do limiar establecido, que por outra banda tamén se considera sobreestimado.
|
Outros |
Canto ás enfermidades, continúan a aparecer plantas afectadas por patoloxÃas de madeira neste ano no que a seca favoreceu a expresión dos seus sÃntomas.
No que a pragas se refire, seguen localizados os sÃntomas debidos a trips (da especie Drepanothrips reuteri) na parcela de O Salnés onde estamos a facer un seguimento especÃfico, e empezan a aparecer novos sÃntomas de Janetiella oenephila, que lembren que carece de importancia. Tamén este ano estamos a recibir numerosas consultas sobre as bugallas caracterÃsticas da filoxera que están a aparecer en follas de patróns. Canto aos ácaros, non observamos cambios nesta semana nin na presenza de erinose nin na de acariose na finca de O Salnés onde estamos a seguir a súa evolución.
|
CÃTRICOS |
Trioza erytreae, moscas brancas e outros chupadores |
Nos gromos novos dos limoeiros é frecuente ver nestes dÃas abundantes adultos de moscas brancas, asà como adultos, ovos e ninfas novas da psila africana (Trioza erytreae) e tamén pulgóns. Nos casos nos que as poboacións sexan abundantes haberá que realizar un tratamento para evitar a instalación de fungos de negrilla sobre as sustancias azucradas que segregan estes insectos.
|
BUXO |
Cydalima perspectalis |
Esta semana volvemos ter numerosas consultas sobre a aparición de defoliacións intensas en moitas plantas de buxo, circunstancia que está a suceder en varias comarcas da provincia de Pontevedra e mesmo de fóra de Galicia, de onde tamén nos chamaron (concretamente de Cantabria e Cataluña). Nestes momentos as eirugas de últimos estados dominan claramente, son moi voraces, e ademais normalmente están envoltas nos casulos que forman coas follas, polo que os tratamentos deben ser aÃnda máis precisos, mollando moi ben as plantas en todas as súas caras e repetindo a intervención se é preciso.
Os insecticidas a utilizar poden ser de orixe natural (aceite de parafina ou azadiractin) ou sintética (piretroides)
|
|