Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novidades da nosa Páxina web Suscribirse a las novedades por correo electrónico

DEC27

Frondosas

DEC21

Froiteiras de pebida e de óso e Viña, Cítricos, Camelia, Palmeiras, Piñeiro, Vivendas e outras construccións

DEC11

Danos por vento e choivas fortes

DEC07

Piñeiro

SET11

Viña, Maceira e Pereira, Buxo

AGO29

Buxo

AGO25

Viña

AGO11

Viña, Diversos frutais, Pataca

AGO04

Viña, Cítricos, Nogueira

XUL28

Viña, Cítricos, Buxo

XUL21

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plátano de sombra, Hortícolas en recolección

XUL14

Viña, Hortícolas en recolección, Buxo, Camelia

XUL07

Viña, Buxo, Camelia

XUÑ30

Viña, Maceira, Buxo, Piñeiro

XUÑ23

Viña, Pataca, Buxo, Plátano de sombra

XUÑ16

Viña, Pataca, Buxo

XUÑ09

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

XUÑ02

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Buxo

MAI26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Pataca, Buxo, Ameneiros e Salgueiros

MAI19

Viña, Maceira, Pataca, Buxo

MAI12

Viña, Maceira, Kiwi, Pataca, Buxo, Diversas Plantas

MAI05

Viña, Maceira, Pataca e outras plantas de horta, Evónimo e Roseiras, Diversas Ornamentais

ABR28

Viña, Maceira, Cerdeira, Kiwi, Cítricos, Castiñeiro, Piñeiro

ABR21

Viña, Maceira, Cerdeira, Cítricos

ABR12

Viña, Maceira, Cerdeira, Pataca, Carballo

ABR11

Viña

ABR07

Viña, Maceira, Pereira, Melocotoeiro, Cítricos, Buxo

MAR27

Viña

MAR17

Viña

MAR09

Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Buxo, Revisión da maquinaria de tratamentos fitosanitarios

FEB08

Varias árbores, Cítricos, Froiteiras en xeral, Buxo, Pataca

ENE05

Piñeiro, Frondosas


AVISO FITOSANITARIO
21/12/2017


FROITEIRAS DE PEBIDA E DE ÓSO E VIÑA
Podas e tratamentos de inverno

Este ano houbo, en xeral, unha incidencia limitada das enfermidades habituais nas nosas froiteiras debido ás escasas precipitacións rexistradas no inverno pasado e ao longo do período vexetativo. De feito, hai estacións meteorolóxicas da rede de MeteoGalicia que ata o de agora nin recolleron 1000 l/m2 ao longo do ano (por exemplo 704 l/m2 no porto de Vigo, 878 en Cequeliños ou 974 en Areeiro). Pola contra, ao longo do verán puidemos comprobar como este ano houbo maior porcentaxe de plantas (de viña sobre todo pero tamén doutras especies) que manifestaban síntomas de alteracións da madeira, sen dúbida debido ao estrés provocado pola seca, e tamén ás elevadas producións que se deron, que esgotaron as plantas debilitadas.

Porén, despois das chuvias provocadas pola cicloxénese do día 10 e polas borrascas da semana pasada, a partir de agora poden iniciarse certas labores (culturais e tratamentos fitosanitarios) que poden favorecer a sanidade das árbores para o ano próximo.

Así, é en tempo seco e cas plantas tamén secas cando é recomendable realizar as podas, pero estas non teñen por que iniciarse xa tan cedo, senón que poden ser máis tardías, mesmo ata febreiro (sobre todo as das plantas que amosen cancros ou calquera outra alteración da madeira).

De todos os xeitos, agora, que aínda hai algo de folla nalgunhas froiteiras de pebida e óso, e polo tanto é máis sinxelo identificalas, pódese aproveitar para marcar, e eliminar antes do comezo do movemento da sabia, ou mesmo cortar xa, as ramas secas. Na viña, poden empezar a podar, se non o fixeron xa, aquelas plantas que non tivesen amosado síntomas (o que non quere dicir que non estean afectadas por patoloxías de madeira). En todos os casos lembren que:
- nas podas hai que facer cortes limpos, sen rachos e, a ser posible, sempre por debaixo da madeira degradada, é dicir, procurando que o corte amose madeira sa (e, se xa non é posible, débese renovar a planta a partir dun gromo sa que estea por debaixo da madeira afectada);

- os cortes de maiores dimensións deben ser protexidos con sustancias cicatrizantes que leven funxicida, e despois das podas é conveniente aplicar un tratamento cúprico xeneralizado, sempre e cando as temperaturas non sexan moi baixas;

- non hai que esquecer desinfectar as tesoiras de poda;

- débese eliminar todos os restos queimándoos ou sacándoos das fincas, pois poden albergar as formas de conservación dalgúns fungos ou favorecer a instalación de especies oportunistas (fungos e insectos).

- as plantas mortas tamén deben ser eliminadas completamente, incluíndo o sistema radicular. Canto á reposición, cando se faga, debe ser con material sa que proveña dun viveiro certificado e con garantías sanitarias, e as plantas deben ter o sistema radicular ben desenvolvido, uniformemente distribuído arredor do colo e sen raíces en espiral. Por outra banda, a plantación debe facerse coidadosamente, co solo ben preparado, colocando o sistema radicular ben disposto e non enterrando nunca o punto de enxerto.

No kiwi, aínda que se pode máis adiante, é conveniente realizar agora unha aplicación cun composto de cobre para protexer das bacterioses as microferidas causadas pola caída das follas. Esta aplicación debe ser renovada cando menos unha vez máis no inverno (mellor despois dun episodio de chuvias e nunca en tempo frío) e, moi especialmente, ao realizar as podas.
Síntoma del cancro del manzano Carpoforo de Stereum Necrosis del leño a consecuencia de PSA
CÃTRICOS
Phytophthora

Despois das precipitacións da cicloxénese do pasado día 10, e en xeral despois de cada período de chuvia (para a semana as previsións apuntan neste sentido), pode acumularse auga na entorna das árbores, especialmente se se teñen feito sucos para retela cando se rega no verán. Estes sucos soen facerse precisamente con ese obxectivo, pero son totalmente contraproducentes desde o punto de vista fitopatolóxico xa que a auga líquida pode facilitar as infeccións por Phytophthora cinnamomi, fungo da raíz ao que os cítricos son moi sensibles. Polo tanto é aconsellable eliminar estes sucos para reducir o risco, e ter as árbores co solo ben drenado. Para o seu control, o funxicida autorizado no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio é o fosetil-Al 80%.

Este limonero está afectado por Phytophthora Phytophthora cinnamomi, como fungo de raíz que é, non ten unha sintomatoloxía específica, pero pode sospeitarse da súa presenza se o cítrico presenta follas pequenas e amareladas, perda de follas (comezando polas zonas máis afastadas das raíces), etc. Estes síntomas tamén poden indicar a presenza doutras anomalías a nivel do solo, tanto desde o punto de vista biótico como abiótico






Tamén as precipitacións poden favorecer a presenza de Phytophthora hibernalis ou outras especies aéreas do mesmo xénero. De momento este ano os froitos están, en xeral, sas, pero se aparecen as podremias brandas na froita que conducen a súa caída prematura, ou mesmo manchas escuras acuosas nas follas, probablemente se trate dun destes fungos. Para limitar as posibilidades de que se estenda no caso de que apareza froita con este dano, non esqueza eliminala (tamén a caída ao solo).

Síntomas de Phytophthora hibernalis Frutos de cítricos con diferente grado de ataque de Phytophthora hibernalis
Psila africana (Trioza erytreae) e moscas brancas

O tempo estable que practicamente tivemos este ano, e as temperaturas na entorna de 15-20 ºC que temos aínda agora nalgunhas zonas nas horas centrais do día, favorece o crecemento de gromos de cítricos que aparecen máis ou menos colonizados polas formas xuvenís da psila africana e/ou de moscas brancas. Porén, nesta época non son de esperar danos importantes, entre outras razóns porque os fríos das noites frean o seu desenvolvemento, polo que a simple retirada destes gromos pode eliminar as colonias. En caso de necesitar aplicar un insecticida, neste momento de maduración e recollida de froita deben recorrer a produtos naturais do tipo aceite de parafina (non ten prazo de seguridade), tendo a precaución de mollar moi ben o envés das follas.

20dec17_Os gromos novos dos citricos teñen colonias de Trioza erytreae Ramillo de naranjo con ninfas jovenes de mosca blanca
CAMELIA
Fungo do murchamento da flor (Ciborinia camelliae)

Debido a que este ano, polas condicións climáticas, adiantouse a floración das camelias (mesmo algunhas especies xa teñen flor caída), nos casos en que o fungo estea presente deben recollerse as flores do solo polo menos unha vez por semana co fin de reducir o inóculo presente. Tamén é conveniente procurar que haxa boa ventilación na zona baixa das plantas podando as ramas baixas e eliminando as malas herbas.

As flores de camelia do solo deben retirarse Anel de micelio de Ciborinia en flor caída ao chan
Ãcaro do botón floral (Cosetacus camelliae)

Tamén debido á máis temperá floración das camelias é de esperar que se produza antes a brotación, en especial se persisten as condicións de clima suave. Naquelas plantas que todos os anos teñan os síntomas característicos destes ácaros haberá que estar moi pendente deste momento, pois é o idóneo para intervir, con produtos autorizados (abamectina, aceite de colza, aceite de parafina, xofre ou oxamilo), fronte a esta praga.

Sintomas caracteristicos de Cosetacus camelliae Caida masiva de capullos de camelia afectados por el ácaro Cosetacus camelliae
PALMEIRAS
Picudo vermello

Este ano púidose observar nos diferentes concellos da nosa provincia un incremento do número de palmeiras afectadas por Rhynchophorus ferrugineus, cuxos síntomas foron especialmente notorios despois do verán. As plantas moi afectadas deben ser eliminadas para evitar a propagación do insecto. Se hai posibilidades de recuperación das plantas por ter menos danos, comeza o momento idóneo para retirar as ramas secas e eliminar as palmas afectadas, non só co obxectivo de reducir a presenza da praga senón tamén pola seguridade de persoas e bens. En Galicia existen diferentes empresas que fan estas labores, así como tratamentos fitosanitarios sobre aquelas palmeiras menos afectadas e/ou aparentemente sas. As plantas máis pequenas que non requiran destas empresas poden ser eliminadas e/ou tratadas polos propios particulares, sempre coas precaucións indispensables para os traballos con palmeiras e respectando as normas de destrución ou enterrado dos restos.

Para os tratamentos, e dado o elevado número de consultas recibidas nestes días, poderanse utilizar os produtos fitosanitarios autorizados para este uso no Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio. Especificamente fronte a Rhynchophorus ferrugineus só hai un produto autorizado (e só para palmeira datileira) que é acetamiprid 20%; porén, dada a condición de trade das larvas deste insecto tamén se pode empregar calquera dos insecticidas autorizados fronte a trades en palmáceas ornamentais: abamectina 1,8%; clorpirifos 48%; fosmet 50% e imidacloprid 20% (abamectina e fosmet tamén se poden empregar en Xardinaría Exterior Doméstica, ámbito destinado a aquelas persoas que non dispoñan de carné de manipulador de fitosanitarios por non dedicarse á agricultura). Tamén se está a aplicar o fungo Beauveria basiana e nematodos entomopatóxenos da especie Steinernema carpocapsae.
Rhynchophorus ferrugineus - Síntoma de la alimentación larvaria en la base de una palma As palmeiras afectadas por picudo en zonas de paso son especialmente perigosas
PIÑEIRO
Procesionaria

Esta semana continuamos observando a formación de bolsóns (niños) de procesionaria, máis danos debidos á alimentación das eirugas, e tamén atopamos novas procesións no solo. Lembren que non se deben tocar as eirugas e que tamén os cans deben apartarse delas polos pelos urticantes que posúen. Para previr problemas poden instalarse barreiras arredor das árbores e tamén aplicar tratamentos aos bolsóns en formación (asegurando que o produto poda entrar neles) ou, se existe a posibilidade, eliminar, con todo o coidado posible, as ramas onde estean localizados os niños, destruíndoos despois.

Bolson de inverno de procesionaria Tamen hai bolsons de procesionaria nos cedros Bolson moi tenue de procesionaria Niño pouco denso e restos da alimentacion das eirugas Tratamento contra bolsons procesionaria
VIVENDAS e OUTRAS CONSTRUCIÓNS
Leptoglossus occidentalis

Adulto de Leptoglossus occidentalis Este ano volta a ser relativamente frecuente a aparición, nalgunhas vivendas e outras edificacións (sobre todo do rural), deste insecto propio das piñas dos pinos (baleira os piñóns, aínda que na nosa provincia non parece causar danos). O feito de que aparezan nas construcións humanas débese unicamente á súa procura de refuxio para o pasar o inverno, pero non afecta ás persoas nin produce danos a outras plantas.

F E L I C E S     F E S T A S     A     T O D O S