|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, CÃtricos, Melocotoeiro, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, CÃtricos, Melocotoeiro, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, CÃtricos, Melocotoeiro, Buxo
|
|
Varias especies leñosas (Viña, Froiteiras e Ornamentais), CÃtricos, Plantas de horta, Buxo e Piñeiro
|
|
Frondosas, Froiteiras en xeral e Viña
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
05/01/2018
FRONDOSAS |
Operophtera brumata |
Nesta semana capturamos as primeiras femias desta especie nunha trampa-banda engomada disposta arredor dun tronco de carballo, onde tamén atopamos algún macho debido á atracción exercida pola feromona natural da femia. Igualmente, o número de machos na trampa de feromonas tivo un sensible incremento.
Desde este momento os adultos non capturados copularán e as femias porán unha media de 200-300 ovos cada unha nas cortizas, nos liques que medran sobre as árbores, na base das xemas ou en outros soportes. Neste estado pasarán o resto do inverno para eclosionar na primavera.
|
FROITEIRAS EN XERAL E VIÑA |
Prácticas culturais |
Desde finais do mes de decembro (concretamente desde o dÃa de Nadal na maiorÃa das zonas) as precipitacións están sendo constantes, chegando a acadarse, ata primeira hora do dÃa de hoxe, ata cerca de 200 l/m2 na xeneralidade de estacións de MeteoGalicia da provincia, ou mesmo cerca de 400 na de Fornelos de Montes. Por este motivo, e aÃnda que algunhas previsións meteorolóxicas anuncian unha mellorÃa relativa do tempo para algúns dos próximos dÃas, non son recomendables as podas desde o punto de vista da sanidade das plantas, xa que con esta humidade é de esperar un elevado inóculo de patóxenos. Si será moi conveniente nos dÃas que veñen retirar froita podre de cÃtricos (das árbores e do solo), evitar na medida do posible charcas no solo arredor das árbores ou, tan pronto como o tempo se estabilice con certas garantÃas, realizar unha aplicación de cobre.
|
|