|
Viña
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, CÃtricos, Melocotoeiro, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, CÃtricos, Melocotoeiro, Buxo
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, CÃtricos, Melocotoeiro, Buxo
|
|
Varias especies leñosas (Viña, Froiteiras e Ornamentais), CÃtricos, Plantas de horta, Buxo e Piñeiro
|
|
Frondosas, Froiteiras en xeral e Viña
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
16/04/2018
Despois deste longo perÃodo de precipitacións continuas (ver táboa coa choiva rexistrada no 2018 ata o momento) as previsións meteorolóxicas anuncian tempo seco para boa parte desta semana, e mesmo temperaturas diúrnas altas que sen dúbida acelerarán a brotación das plantas. Tamén con este clima haberá que aproveitar para facer certas actuacións que son necesarias nestes momentos.
|
VIÑA
|
Co cambio nas condicións climáticas non só haberá un maior desenvolvemento dos gromos das cepas senón tamén da vexetación herbácea das fincas, que haberá que manter baixo estrito control para facilitar a boa aireación da viña, evitando asà favorecer a moitas patoloxÃas
|
Mildio |
O pasado venres dÃa 13 verificamos a maduración das primeiras oosporas do fungo na provincia de Pontevedra, case un mes despois que en 2017. AÃnda asÃ, non todas as procesadas maduraron. Como dicimos todos os anos, a maduración da oospora ou ovo de inverno non significa que haxa que iniciar os tratamentos fronte a esta enfermidade, simplemente indica o inicio do ciclo do fungo. Para que haxa as primeiras infeccións deben cumprirse outras condicións que aÃnda non se dan. Polo tanto TODAVÃA NON É NECESARIO TRATAR.
|
Excoriose |
Nestes momentos as viñas presentan un desenvolvemento diferente dependo da finca: algunhas están en estado fenolóxico B (xema inchada)-C (punta verde) (ou, na codificación BBCH, “05†e “07-09â€) e outras xa se atopan próximas a E (follas estendidas) ou estado 13 en BBCH. Naquelas parcelas onde tradicionalmente haxa problemas de excoriose, e máis neste ano en que a brotación estase a producir nun ambiente tan húmido, este é o perÃodo no que se debe facer unha aplicación fronte a esta enfermidade.
|
MACEIRA |
Moteado |
En moitas maceiras xa se ten superado o estado de crecemento dos gromos coñecido como “orella de rato†(estado 54 en BBCH) que é o idóneo para facer tratamentos preventivos fronte a esta patoloxÃa. Porén, e aÃnda considerando que o ano pasado apenas houbo danos pola enfermidade debido ás condicións climáticas secas, convén, nas variedades onde historicamente se rexistrasen problemas, aplicar un tratamento, máis considerando que polas choivas rexistradas en moitos casos non se puido facer aplicacións de cobre no inverno.
|
KIWI |
Bacterioses |
As precipitacións constantes desta última temporada son condicións moi favorables a estas patoloxÃas do kiwi. Por iso, e tendo en conta que a brotación é unha etapa sensible que debe ser protexida, é moi importante aplicar un tratamento neste momento.
Segundo o Rexistro de Produtos do Ministerio os produtos autorizados son certos cobres (oxicloruro de cobre 38%, 52%, 70%; sulfato tribásico de cobre 19% e hidróxido cúprico 13,6% + oxicloruro de cobre 13,6%) ademais de Bacillus amyloliquefaciens subesp. plantarum, cepa D747 25%
Non esquezan tampouco neste caso as boas prácticas agrÃcolas para previr a dispersión da enfermidade: hixiene a nivel de calquera maquinaria, roupa ou utensilios necesarios nas plantacións (evita a dispersión da bacteria); abonado equilibrado (especialmente de nitróxeno en forma amoniacal); evitar as regas por aspersión, etc.
|
CÃTRICOS |
Phytophthora spp. |
Tamén as abundantes precipitacións acaecidas ata agora teñen favorecido os ataques destes fungos. Na súa contención son fundamentais as medidas culturais ou agronómicas de tipo favorecer a drenaxe no terreo ou recoller os froitos caÃdos e os podres que haxa na árbore. Ademais, agora que empeza a brotación convén aplicar un tratamento con fosetil-Al 80% (funxicida que non se lava coas choivas pero que ten moi limitado o número de aplicacións ao ano), ou mancozeb ou formulados de cobre sós ou combinados con outros funxicidas (consulte aos técnicos).
|
MELOCOTOEIRO |
Lepra |

Novamente, a elevada humidade destes meses induce a pensar que a incidencia desta enfermidade será elevada na campaña que se inicia. Por iso, tan pronto sexa posible haberá que aplicar un tratamento (consulte aos técnicos sobre que funxicida empregar).
|
BUXO |
Cydalima perspectalis |
Nalgunhas sebes e plantas illadas de zonas abrigadas empezan a verse os sÃntomas do ataque desta bolboreta. Coa mellorÃa do tempo desta semana é de esperar que esta situación se vaia xeneralizando, polo que hai que estar moi atentos porque, como é sabido, os tratamentos aplicados cando a praga está estendida e desenvolvida non son eficaces.
|
|