Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Publicacións » Comunicacións » 2008

I Simposio Iberoamericano – IV Jornadas Ibéricas de Horticultura Ornamental
Pontevedra, 15-17 Outubro 2008

1298


Caracterización e identificación de camelias en el Jardín Botánico de Porto (Portugal)


C. Salinero¹, P. Vela¹ y M. J. Sainz²

¹Estación Fitopatolóxica do Areeiro. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. Subida a la Robleda s/n. 36153 Pontevedra. mcs@efa-dip.org
²Departamento de Producción Vegetal, Universidad de Santiago de Compostela, 27002 Lugo, España.


RESUMO: O Xardín Botánico de Porto atópase actualmente na Quinta do Campo Alegre, onde se manteñen sebes de máis de 4 m de altura, plantadas a finais do século XIX para a protección doutros cultivos e xardíns fronte ao vento. Estas sebes están formadas exclusivamente por máis de 500 exemplares de Camellia japonica. Durante máis de 20 anos, este xardín abandonouse e moitas plantas deterioráronse ou perdéronse. Logo de varios intentos de rehabilitación, en 2001 iniciouse a recuperación do xardín e das camelias. Baseándose nun primeiro intento de identificación das camelias realizado nos anos 80, neste traballo caracterizáronse as antigas camelias deste xardín mediante a aplicación de descriptores morfobotánicos específicos para Camellia e coa axuda dos rexistros bibliográficos dos séculos XIX e XX, para unha identificación definitiva. Dun total de 545 exemplares presentes no xardín, confirmáronse 27 cultivares previamente identificados e identificáronse 49 exemplares máis, pertencentes a 40 cultivares de C. japonica e a un de C. reticulata.

Palabras chave: Camellia japonica, descriptor morfobotánico