|
Viña
|
|
|
|
Viña, Kiwi, Frutais de pepita, Frutais de oso, CÃtricos, Boj e HortÃcolas
|
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Figueira, Boj
|
|
|
|
Viña, Maceira, Figueira, Tomate, Pataca y Berenxena
|
|
|
|
Camelia
|
|
|
|
Avispa Asiática
|
|
|
|
Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira, Cerezo, Membrillero e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira, Plátano de sombra e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira e Pino
|
|
|
|
Viña, Maceira, Frutais e Ornamentais
|
|
|
|
Viña, Pataca e Tomate
|
|
|
|
Viña, Pataca e Tomate
|
|
|
|
Viña, Maceira, Citricos, Carballo
|
|
|
|
Viña, Maceira, Citricos, Carballo
|
|
|
|
Viña, Maceira, Membrilleiro, Pataca
|
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
|
|
|
|
Viña, Maceira, Cítricos, Pataca, Camelia e Outras Ornamentais, Sauces, Chopos, Alisos, Pataca, Plátanos de sombra
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Cerdeira, Cítricos, Pataca, Buxo, Camelia, Piñeiro
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro, Cítricos, Pataca
|
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pataca
|
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro,Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Frutais e Outros Cultivos, Camelia, Salgueiro
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Pexegueiro e Nectarino, Pereira, Cerdeira, Frutais e Outros Cultivos, Pataca, Camelia, Pino
|
|
|
|
Viña, Manzano, Kiwi, Patata, Evónimo
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Marmeleiro, Mirabel, Camelia
|
|
|
|
Viña
|
|
|
|
Viña
|
|
|
|
Viña, Maceira, Kiwi, Níspero, Cítricos, Varios cultivos, Tomate, Pataca, Camelia,
Palmeria, Piñeiro
|
|
|
|
Viña
|
|
|
|
Viña, Maceira, Froiteiras de óso, Kiwi, Cítricos, Pataca, Buxo
|
|
|
|
Viña, Froiteiros de pebida y kiwi, Cítricos, Pexegueiro, Piñeiro,
Insecto en vivendas, Equipos de aplicación de tratamentos fitosanitarios
|
|
|
|
Kiwi, Níspero, Cítricos, Buxo |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
08/04/2014
VIÑA |
Mildeu: |
Xa verificamos a maduración das oosporas (forma de conservación invernal do patóxeno)
en todas as comarcas vitivinícolas de Pontevedra. Con todo, a vexetación aínda non
é, en xeral, susceptible ás infeccións,, debido a que as condicións climáticas
dos últimos días frearon o seu desenvolvemento. Coa melloría do tempo que se prevé desde
hoxe mesmo (máis sol e temperaturas elevadas) é de esperar un crecemento notorio dos
gomos, motivo polo que será necesario iniciar xa a vixilancia dos viñedos a partir de
agora.
Aínda que en xeral é moi pronto debido ó desenvolvemento da viña, as porcentaxes de
desenvolvemento diario do mildeu, partindo do 1 de abril, roldan a día de hoxe o 20-36%
segundo os datos de varias estacións meteorolóxicas da provincia. Lembren que é cerca do
100% cando adoitan aparecer as primeiras manchas de aceite
Débeselles prestar maior atención ós viñedos que foron podados pronto, pois nalgúns deles
xa se observan gomos próximos ós 10 cm de lonxitude, así como a aqueles situados en
localizacións especialmente sensibles. Dentro de cada parcela concreta deben vixiarse
especialmente as zonas onde o mildeu causa maiores problemas habitualmente, pois nesas
zonas é moi probable que se concentren as primeiras infeccións
|
Excoriose: |
Coa climatoloxía que se rexistrou é posible que non se puidese realizar a intervención
preventiva fronte a esta enfermidade. Lembren que aínda pode aplicarse naqueles viñedos
máis atrasados, que se atopen nos estados D (saída de follas) ou mesmo E
(follas estendidas). Algúns dos funxicidas recomendados poden proporcionar
tamén protección fronte ó mildeu.
|
Pedroulo e outros gurgullos: |
Coa chegada do bo tempo poderían aparecer tamén algúns síntomas debidos á alimentación
destes coleópteros a expensas das xemas, gomos novos e follas. Os seus danos non adoitan
ser xeneralizados, pero se as poboacións son elevadas poderían ocasionar problemas
puntualmente. En xeral, a opción máis recomendable é eliminar mecanicamente os adultos que
se atopen; excepcionalmente, se a presenza de insectos é importante, poderíase aplicar un
tratamento con clorpirifos 48%, o único insecticida rexistrado para este uso en España.
Este potencial tratamento, que debe limitarse só ós casos en que sexa estritamente
imprescindible, deberíase realizar á primeira hora da mañá ou última da tarde, pois
é nestes momentos cando os adultos están a se alimentar
|
Ácaros/Fisiopatía: |
Na primavera adoitan aparecer nalgúns viñedos pequenas punteaduras nas follas, síntoma que
aparentemente apunta á presenza de ácaros pero que en realidade é unha fisiopatía. Neste
sentido é moi importante, como sempre dicimos, non aplicar tratamentos acaricidas
senón se confirma a presenza de ácaros praga, co fin de protexer os ácaros útiles
fitoseidos, frecuentes nos nosos viñedos e que regulan naturalmente potenciais poboacións
nocivas.
|
MACEIRA |
Oídio: |
Non vimos aínda os primeiros síntomas da enfermidade, pero dado que a brotación xa se
iniciou aconséllase comezar a vixilancia nas variedades máis sensibles.
|
Apigarado ("moteado"): |
Tampouco atopamos aínda os primeiros síntomas. Con todo, lembren que en variedades
sensibles onde todos os anos hai danos polo patóxeno, é conveniente aplicar un tratamento
preventivo (cun funxicida de contacto) antes da aparición dos botóns florais. Nos demais
casos débese iniciar a vixilancia.
|
KIWI |
Bacteriosis: |
Na brotación é FUNDAMENTAL aplicar un tratamento fronte a estas enfermidades para
reducir/limitar os importantes danos que poden causar. Lembren que os produtos rexistrados
para este fin en España son oxicloruro de cobre 38%, 52% ou 70%; óxido cuproso 80% e
sulfato tribásico de cobre 19%.
No caso desta enfermidade o control preventivo é IMPRESCINDIBLE. Entre as medidas que é preciso levar a cabo nestes momentos están o emprego de material vexetal san para as novas plantacións ou para repor faltas, a hixiene a nivel de calquera maquinaria, roupa ou utensilios necesarios nas plantacións (evitan a dispersión da bacteria), o abonado equilibrado (NUNCA REALIZAR ACHEGAS DESEQUILIBRADAS DE NITRÓXENO, ESPECIALMENTE EN FORMA AMONIACAL), evitar as regas por aspersión, etc.
|
NESPEREIRA |
Moteado: |
Como todos los años, y más este en que hemos tenido unas humedades muy elevadas, es de esperar que aparezcan síntomas de moteado en esta especie. Por ello, y aunque los tratamientos aplicados antes de la floración son los realmente efectivos, habrá que realizar una aplicación fungicida en este momento.
|
CÍTRICOS |
Cochinillas, moscas brancas e pulgóns: |
As brotacións de primavera e o incremento previsto das temperaturas favorecerán a
aparición de colonias dalgúns destes insectos chupadores. Lembren que no caso das
cochinillas, os estados inmaturos (ninfas) son máis fáciles de controlar que
as femias adultas, de aí a importancia da súa detección temperá.
Os tratamentos fronte a estes insectos reducirán a presenza de fumaxina asociada ás colonias, que non só afean a árbore senón que tamén a debilitan ó limitar a fotosíntese e a respiración
|
VARIOS CULTIVOS (FROITEIROS, HORTÍCOLAS) |
Drosophila suzukii: |
As condicións climáticas de humidade relativa alta e temperaturas suaves favorecerán
sen dúbida a este díptero, cuxas larvas se alimentan dos froitos de diferentes especies
(cerdeira, kiwi, vide, fresa…), deprécianos e/ou provocan a súa caída prematura. A praga
foi detectada na nosa provincia o pasado verán, aínda que naquel momento non se detectaron
danos. De todos os xeitos é necesario estar pendente da súa aparición. Para iso, e tamén
para reducir o número de adultos e evitar así as postas na froita, pódense instalar
trampas de captura que serán de tipo mosqueiro ou que poderán fabricarse con
botellas de plástico (serven as de auga de 1,5 ou 2 litros) ás que se practicarán orificios
de arredor de 5 mm nos laterais e onde se verterá vinagre de mazá. Non son trampas
específicas, polo que capturarán máis insectos.
|
TOMATE |
Tuta absoluta: |
Nalgunhas zonas xa hai capturas deste insecto nas trampas de feromonas. Onde non se
colocaron aínda, é conveniente a súa instalación (se se trata dun invernadoiro mellor
colocalas no exterior), debido a que coa subida de temperaturas é de esperar que se
incrementen as súas poboacións. Ademais, lembren que con esta praga é especialmente
importante actuar a tempo e manter os invernadoiros e as hortas ben limpos de malas herbas.
|
PATACA |
Mildeu: |
Coa mellora da climatoloxía e o ascenso térmico asociado evaporarase a auga do chan
e haberá un ambiente moi favorable ás infeccións de mildeu, polo que é necesario iniciar
a vixilancia para detectar os primeiros síntomas e actuar canto antes.
|
Epitrix similaris (pulguiña da pataca): |
Tamén se debe prestar atención á aparición dos primeiros adultos desta praga de corentena que foi novamente regulada en Galicia (ver aviso do pasado 7 de marzo)
|
CAMELIA |
Cosetacus camelliae (eriófido do botón floral da camelia): |
Está a ter lugar a brotación e por tanto é o momento idóneo para aplicar un tratamento
fronte a este ácaro, que causa a caída prematura dos casulos. Ademais, lembren que os
botóns florais caídos ó chan deben ser eliminados para limitar a incidencia do ácaro.
|
Pedroulo e outros curculiónidos: |
Do mesmo xeito que no caso da viña, tamén en camelia poderanse observar os primeiros
síntomas do ataque destes insectos. Cando se observen adultos nas plantas débense eliminar
mecanicamente.
|
Pulgóns: |
Coa brotación e o incremento de temperaturas que se prevé, sen dúbida aparecerán as
primeiras colonias do pulgón Toxoptera aurantii. No caso de que se detecten deberase
vixiar a súa evolución para intervir en caso de que sexa preciso.
|
PALMEIRAS |
Picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus): |
A chegada das altas temperaturas implicará tamén o inicio do voo dos adultos desta especie,
cuxa presenza de momento parece confinada ós municipios de Gondomar, Nigrán, Baiona, Vigo
e A Guarda segundo datos da Xunta de Galicia. A colaboración de todos é fundamental para
frear o seu avance, polo que é necesaria a vixilancia das palmeiras e notificar a posible
presenza de síntomas.
Ademais, debido á incidencia das podas sobre esta especie, NON DEBEN REALIZARSE
ESTAS ACTUACIóNS ATA O INVERNO, nunca deben executarse no seu período de voo
|
PIÑEIRO |
Monochamus galloprovincialis, vector do nematodo da madeira do piñeiro Bursaphelenchus xylophilus: |
Alcanzáronse, ou están a se alcanzar, nas estacións meteorolóxicas do sur de Pontevedra, os graos-día necesarios para que se inicien as emerxencias de adultos de Monochamus galloprovincialis. Concretamente na estación da Granxa (Ponteareas) xa se superou o valor, e está próximo a alcanzarse en Meder (Salvaterra de Miño).
|
|