Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios
Suscríbase as novas da nosa páxina web Suscríbase as novas da nosa páxina web

AVISO FITOSANITARIO

30/08/2013

VIÑA Estado fenolóxico: M (pintado) - N (maduración (inicio))

Esta fin de semana entramos xa en setembro, e o inicio da vendima está previsto para o período do 20 ó 25 na maioría das comarcas (de feito, as grandes adegas xa fixaron como o día 1 a data límite para os tratamentos fitosanitarios). Consecuentemente, debido ó observado na revisión desta semana e a que a climatoloxía parece que non vai cambiar substancialmente durante cando menos os próximos 8 días, no día de hoxe deixamos de emitir os avisos fitosanitarios con periodicidade semanal por esta campaña. No entanto, o resto do ano, aínda que sen unha periodicidade fixa, seguiremos informando daquelas incidencias fitosanitarias que teñan lugar e daquelas prácticas que sexan recomendables desde o punto de vista sanitario.


Coma todos os anos, agradecémoslles ós viticultores e propietarios das parcelas da nosa rede que nos permitan experimentar nas súas leiras, pois sen a súa colaboración non sería posible a emisión dos avisos. Tamén queremos agradecer a colaboración daqueles técnicos que nos proporcionaron datos en diferentes momentos.

E, por suposto, moitísimas grazas a todas as persoas que nos seguiron e apoiaron durante estas semanas


Mildiu:

Coma todos os anos, e aínda que hai tempo ata a vendima, recollemos mostras de uvas nalgunhas das nosas parcelas de seguimento para coñecer o seu grao alcohólico neste momento. Os valores obtidos na medición foron os seguintes:

Comarca do Salnés: Barrantes: 7.11º; Castrelo: 7.24º; A Modia : 7.37º

Comarca do Rosal: Eiras: 9.3º

Comarca do Condado: Vide: 9.4º


Manchas de mildiu recentes en brotes terminais - 28 agosto 2013 Na revisión desta semana só atopamos manchas de aceite moi puntuais (a maioría delas sen esporulación) en brotes novos dalgunhas parcelas. Segundo as diferentes previsións meteorolóxicas durante os próximos días vanse manter as actuais condicións de tempo seco (aínda que desde o vindeiro venres a climatoloxía poderá empeorar lixeiramente), polo que non será necesario realizar máis tratamentos (lembren que a uva xa non pode sufrir danos).


Oídio:

Oídio en folla de planta testemuña Nalgunhas parcelas tamén apareceron síntomas nalgúns brotes terminais (e nos acios "netos"), pero de forma moi esporádica. O fungo tampouco pode danar o acio en maduración, polo que non é necesario tratar.


Botrite:

Acio no comezo da coloración con presenza de botrite As condicións climáticas actuais non son favorables para o fungo e, segundo as previsións, estas vanse manter cando menos ata a metade da semana próxima, polo que o risco de danos para o acio neste momento é moi baixo. Con todo, ata o momento da vendima aínda poden suceder episodios de choivas ou de humidade durante varias horas e nestas condicións pode haber danos sobre a uva. De momento non é necesario tratar, pero:





Se fornecen as súas uvas a unha adega que fixase unha data límite para os tratamentos e desde esa data se producen choivas ou condicións favorables, ante a posible aparición de danos nas uvas DEBEN PÓRSE EN CONTACTO COS SEUS TÉCNICOS para que valoren a conveniencia do tratamento e lles indiquen, se procede, o funxicida a elixir.


Se non están adscritos a ningunha adega, ante condicións favorables lembren que é IMPRESCINDIBLE UNHA ADECUADA ELECCIóN DO PRODUTO E RESPECTAR ESCRUPULOSAMENTE O SEU PRAZO DE SEGURIDADE.


Couza do acio:

Nesta semana incrementáronse as capturas de machos de Lobesia botrana nas trampas de todas as nosas parcelas de seguimento, especialmente na de Barrantes, con 62 individuos recolleitos, fronte ós 5 da semana anterior (nas demais os incrementos foron da orde de 20 máximo). Consecuentemente, é de esperar que cando menos nesta leira se reduzan as capturas na próxima semana e ese sería o momento idóneo para tratar, sempre que se superen os limiares de acios con ovos ou penetracións que xustifican a realización dunha intervención. Como sempre dicimos, a situación das diferentes parcelas pode variar, polo que antes de realizar un tratamento e dado que existen insecticidas con prazos de seguridade moi variables (desde 3 ata 21 días), é moi importante consultarlle ós técnicos.


Posta de Lobesia botrana nun acio de Albariño Penetración da couza no interior dun acio Co inicio da coloración é máis fácil ver as penetracións de eirugas da couza


Cicadélidos:

Nas nosas parcelas de seguimento incrementáronse novamente as capturas do cicadélido Zygina rhamni, pero non do mosquito verde Empoasca vitis. Tampouco recollemos aínda o primeiro exemplar do cicadélido vector da flavescencia dourada, Scaphoideus titanus, nin sequera na parcela de primeira detección do insecto en Galicia en 2007 (comarca do Condado) onde se capturou nas anteriores campañas.

Capturas de Zygina rhamni en trampa amarela Detalle de capturas de cicadélidos en trampa Cicadélidos - Femia de Scaphoideus titanus


MACEIRA
Apigarado ("moteado"):

Manchas incipientes de moteado Con la climatología estable que se registra es muy bajo el riesgo de infección.


Couza da maceira:

Carpocapsa pomonella - Penetración larval en froito da variedade goldenEste insecto pode afectar ás mazás ata o momento da colleita, polo que se recomenda non descoidar os tratamentos se se tiveron danos ó longo da campaña (respectar sempre o prazo de seguridade dos produtos empregados antes de recoller o froito).






Araña vermella:

Detalle da coloración típica do ataque de araña vermella No caso de existir síntomas do ataque deste ácaro e de confirmar a súa presenza en niveis superiores ó limiar de tolerancia (40-45% de follas ocupadas), a decisión final do tratamento debe estar condicionada polos prazos de seguridade xa que estes adoitan ser elevados neste tipo de fitosanitarios (desde 14 ata 30 días).




TOMATE
Couza do tomate (Tuta absoluta):

Está a procederse á recollida do tomate en moitas zonas onde se observan danos deste insecto. Para reducir as poboacións desta praga na próxima campaña e así evitar os importantes danos que pode producir (desde perda de masa foliar ata danos directos e indirectos ó froito), é imprescindible eliminar todos os restos do cultivo da contorna dos invernadoiros e hortas. Para máis información sobre a praga, consulte a nosa ficha técnica núm. 55 Tuta absoluta Meyrick. Couza do tomate

Galería de Tuta absoluta Síntomas do ataque de Tuta absoluta en folla Restos de cultivo de tomate que deben eliminarse para reducir a invernación de Tuta absoluta


PATACA
Pulguiña da pataca (Epitrix similaris):

Os restos do cultivo deben eliminarse Lembren que DEBEN ELIMINARSE OS RESTOS DO CULTIVO para evitar que alberguen adultos deste insecto e así reducir o risco de ataque para a próxima campaña.






PIÑEIRO
Procesionaria:

Posta e larvas dos primeiros estados nun bolsón en formación Tendo en conta a data das primeiras capturas de procesionaria na trampa que temos instalada, xa debe producirse a posta e o nacemento das primeiras eirugas. A maioría dos insecticidas rexistrados para este uso son reguladores ou inhibidores do crecemento que, por tanto, deben ser aplicados nas primeiras fases larvais para aproveitar ó máximo a súa eficacia. Consecuentemente, en árbores illadas ou bosquetes poden iniciarse xa as aplicacións; en superficies maiores (monte) debe valorarse a conveniencia de intervir ou non en función da presenza de árbores afectadas.




PLÁTANO DE SOMBRA
Tigre do plátano (Corythuca ciliata):

Está a ser frecuente observar neste momento importantes descoloracións foliares causadas por este insecto nas árbores de alamedas, paseos, rúas e outros de varios concellos. Lémbrase que os insecticidas rexistrados para este uso son alfa cipermetrin 10% e deltametrin 2,5 ou 10%.

Ninfas e adultos do tigre do plátano Descoloración das follas por ataque do tigre do plátano


BOA PRACTICA FITOSANITARIA

DÉBESE LER MOI BEN A ETIQUETA DOS PRODUTOS FITOSANITARIOS PARA COÑECER O PRAZO DE SEGURIDADE E ASÍ SABER CANTOS DÍAS DEBEN TRANSCORRER ENTRE A APLICACIÓN E A RECOLECCIÓN DA FROITA. Ademais, a etiqueta informa de cales son os cultivos sobre os que está autorizado o produto, as doses de aplicación e outros datos de interese como posibles riscos, entre outros.