|
Piñeiro |
|
|
|
Froiteiras e Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira e Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios Cultivos,
Castiñeiro e Tomate |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Pataca |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Platano de Sombra e
Moreira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña e Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Mirabel |
|
|
|
Viña, Maceira e Chopo |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Tomate |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira e
Evónimo |
|
|
|
Viña, Maceira e kiwi |
|
|
|
Viña, Maceira, kiwi e
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Camelia e
Pataca |
|
|
|
Pataca |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Camelia |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro, Evonymus e
outras ornamentais |
|
|
|
Viña, Varios Froiteiras, Froiteiras de
pebida e Cítricos |
|
|
|
Viña, Kiwi, Varios cultivos e especies
ornamentais e Camelia |
|
|
|
Viña e Piñeiro |
|
|
|
Maceira, Pereira, Ameixeira, Froiteiras de oso,
Viña e Kiwi |
|
|
|
Piñeiro |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
04/06/2010
VIÑA Estado fenolóxico:
Floración Callado |
Mildeu:
|
Non vimos
síntomas da enfermidade nesta semana en ningunha das nosas parcelas de
seguimento, nin sequera nas plantas que se manteñen sen tratamento
ningún a xeito de control, onde mesmo a esporulación observada
aparece controlada, con toda probabilidade polas temperaturas superiores a
30ºC de días pasados. Segundo a previsión
meteorolóxica, para a próxima semana espérase un
empeoramento do tempo con elevada probabilidade de precipitacións a
partir do martes día 8, por iso recoméndase incrementar a
vixilancia e tratar inmediatamente en caso de que aparezan novos
síntomas.
|
Botrite:
|
No aviso anterior anunciabamos que as feridas causadas pola
separación dos capuchóns florais, e/ou a acumulación
destes en momentos húmidos, poderían dar paso a infeccións
por botrite. Pois ben, a ausencia de chuvias e orballos nestes días
unida ás elevadas temperaturas que se rexistraron, non favoreceron a
súa aparición. Aínda así, e como permanece a
situación de risco, recoméndase non descoidar a
vixilancia.
|
Trazas:
|
As cifras de
capturas nesta semana mantivéronse en niveis similares ou inferiores aos
da semana anterior. Porén, están a aparecer os primeiros
glomérulos, aínda que de momento en niveis baixos.
|
Altica: |
Na parcela
de seguimento do Condado vimos novamente, nesta semana, postas recentes de
Altica quercetorum e tamén larvas alimentándose das
follas.
|
Ácaros: |
Segundo
observamos en numerosas mostras recibidas na Estación, moitos dos
síntomas que se están a asignar á presenza de
ácaros realmente non o son, senón que máis ben se trata de
fisiopatías debidas aos cambios constantes na meteoroloxía, entre
outras causas. De feito, en ningunha daquelas mostras se atoparon individuos.
Insistimos unha vez máis en que non é conveniente aplicar
tratamentos acaricidas a menos que se confirme a presenza de ácaros,
pois poden prexudicar seriamente aos ácaros útiles fitoseidos, os
cales poden regular de forma natural as poboacións nocivas.
|
MACEIRA |
Moteado:
|
Non
atopamos novos síntomas nas nosas parcelas de seguimento, pero
recoméndase non descoidar a vixilancia, especialmente se, como se
prevé, se rexistran precipitacións a próxima
semana.
|
Pulgóns: |
Polo
momento case non se observan colonias de pulgón laníxero
parasitado. Porén, se a presenza deste pulgón non é moi
elevada, cómpre non aplicar ningún tratamento inmediatamente,
á espera de que se incremente o nivel de parasitismo por Aphelinus
mali.
|
Cydia
pomonella:
|
No caso
de non aplicar o tratamento recomendado no aviso precedente, recoméndase
que se aplique o antes posible, pois a semana anterior se alcanzara o limiar de
tolerancia en máis dunha bisbarra. Nas nosas parcelas de seguimento
tratouse e reduciuse o albor.
|
PEREIRA |
Torcegromos:
|
Estanse a observar en numerosas zonas algúns gromos secos
de pereira na súa zona distal debidos á presenza de Janus
compressus. En xeral non é necesario intervir fronte a esta praga
máis que no caso de viveiros ou plantacións
novas.
|
EVÓNIMO |
Cochinilla
do evónimo:
|
Nalgunhas
sebes e plantas illadas estanse a detectar danos debido á presenza de
cochinillas da especie Unaspis euonymi. No caso de atoparse,
recoméndase aplicar un tratamento cun insecticida recomendado sobre este
cultivo, tendo en conta que se trata dun insecto de moi difícil control
(normalmente deben acompañarse as intervencións cun cepillado dos
gromos).
|
|