Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

Sep13

Viña
   

Sep06

Viña e Maceira
   

Ago30

Viña e Maceira
   

Ago23

Viña, Maceira, Tomateira, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago16

Viña, Maceira, Marmeleiro, Varias froiteiras, Piñeiro, Buxo e Plátano de sombra
   

Ago09

Viña, Maceira, Cítricos, Froiteiras de oso, Varias froiteiras e Castiñeiro
   

Ago02

Viña, Maceira, Castiñeiro e Piñeiro
   

Xul26

Viña, Maceira, Marmeleiro, Plantas ornamentais e Piñeiro
   

Xul19

Viña, Maceira, Plantas ornamentais e Plátano de sombra
   

Xul12

Viña, Maceira, Pereira, Marmeleiro, Froiteiras de óso, Pataca e Plátano de sombra
   

Xul05

Viña, Maceira, Pereira, Froiteiras de óso, Diversas hortícolas, Pataca e Buxo 
   

Xuñ28

Viña e Maceira
   

Xuñ21

Viña, Maceira, Cerdeira, Tomateira, Pataca e Evónimo
   

Xuñ14

Viña, Maceira Nogueira, Piñeiro e Salgueiro
   

Xuñ07

Viña, Maceira e Buxo
   

Xuñ01

Viña
   

Mai31

Viña, Maceira e Varios cultivos
   

Mai24

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro e Camelia
   

Mai18

Viña, Maceira, Marmeleiro e Kiwi
   

Mai15

Piñeiro
   

Mai10

Viña, Maceira, Kiwi, Camelia e Cultivos hortícolas
   

Mai09

Viña
   

Mai04

Viña
   

Mai03

Viña, Maceira e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr27

Viña, Maceira, Pereira, Ameixeira, Pataca e Cultivos hortícolas en xeral
   

Abr16

Varios Cultivos
   

Abr13

Viña, Maceira, Kiwi, Melocotoeiro, Pexegueiro e Piñeiro
   

Mar30

Viña, Maceira, Kiwi e Camelia
   

Mar22

Viña
   

Mar20

Viña
   

Mar12

Melocotoeiro, Ameixeira, Kiwi, Camelia e Eucalipto
   

Feb02

Eucalipto
   

Feb02

Piñeiro
   

Ene23

Buxo, Cítricos, Froiteiras e Viña
   

AVISO FITOSANITARIO

10/05/2012

VIÑA Estado fenolóxico: G (acios separados)
Mildeu:

A situación que observamos nas parcelas da nosa rede e noutras que visitamos, unha vez concluída a revisión semanal, é diferente segundo a comarca e mesmo entre terreos da mesma comarca: mentres no Rosal vimos algunhas manchas esporuladas nunha das parcelas do noso seguimento e noutras próximas, noutras non se detectaron, no Condado unicamente atopamos unha moi incipiente e sen esporulación, e no Salnés só nunha das parcelas se repetía a situación observada no Condado (unha mancha moi incipiente).

Algúns viticultores pode ser que teñan realizado xa un tratamento na tarde do día 9 debido á mellora das condicións climáticas. Nos demais casos, lembren que, se non se realizan os seguimentos específicos de detección da primeira mancha, débese intervir o antes posible, debido á humidade tan elevada dos días pasados e as temperaturas mais elevadas que sufrimos repentinamente.

No caso deste tratamento, debido ás especiais condicións nas que aplica e ao momento tan sensible no que se atopa a viña neste momento, é moi importante revisar os viñedos uns días despois para comprobar a eficacia da intervención realizada e renovala se non foi eficaz no control da enfermidade


Para aqueles viticultores que desexen continuar sen intervir ata detectar a primeira mancha, na táboa seguinte reflectimos a actualización do desenvolvemento diario segundo Goidanich:

Desenvolvemento teórico do mildeu (segundo Goidanich)
Comarca Lugar Concello % desenvolvemento
Pontevedra Areeiro Pontevedra 92,89
Barrantes Ribadumia 89,58
Castrelo Cambados 114,12
Salnés Corón Vilanova de A. 146,99
Pe Redondo Meis 80,56
Tremoedo Vilanova de A. 85,29
Rosal As Eiras O Rosal 117,83
Condado Meder Salvaterra 78,93
Cequeliños Arbo 62,60
Soutomaior Soutomaior Soutomaior 60,25


Primeira mancha de mildeu no Condado 2012Primeira mancha de mildeu no Rosal 2012
Botrite:

Esporulación de botrite na follaVimos esporulación do fungo sobre follas que na semana anterior mostraban necrose na folla. Por este motivo, se non se aplicou o tratamento recomendado, aínda é bo momento para facelo, posto que aínda que vaiamos sufrir unha onda de calor segundo as previsións, o exceso de humidade destes días evaporarase con estas temperaturas e xerará condicións favorables.

Couzas:

En xeral, as capturas nas trampas son reducidas, e polo momento só son de Lobesia botrana.

Trips (Drepanothrips reuteri):

Ninfas de Drepanothrips reuteriNunha das parcelas da comarca do Salnés onde o ano pasado xa detectaramos este trips, atopamos as primeiras ninfas. Polo momento só se trata dunha situación puntual, pero obriga a iniciar a vixilancia. Para máis información sobre esta praga, consulte a nosa ficha técnica Nº62: Drepanothrips reuteri Uzel (1895). Thrips da vide.

Altica quercetorum:

Adulto de Altica no revés da follaVimos o primeiro adulto na nosa parcela de seguimento do Condado, pero non localizamos postas nin larvas.

MACEIRA
Moteado:

Manchas incipientes de moteadoVimos os primeiros síntomas da enfermidade, de forma illada e só nunha planta, pero despois das chuvias dos días pasados posiblemente aparecerán en varias zonas. Recoméndase aplicar un tratamento se non se realiza un seguimento específico das plantas.

Pulgóns:

Ninfas e formas ápteras de pulgón cinsentoA elevación de temperaturas que estamos a sufrir favorecerá sen dúbida o desenvolvemento de novas colonias.

Cydia pomonella:

Carpocapsa pomonella - Penetración larvaria en froito da variedade goldenNa nosa finca do Areeiro superouse xa o limiar de tolerancia por número de capturas de machos na trampa. Aínda que as poboacións desta praga son diferentes segundo o terreo, se non se realiza un seguimento específico, recoméndase aplicar un primeiro tratamento.

KIWI
Bacterioses:

Pseudomonas syringae, síntomas nos botóns floraisO kiwi atópase neste momento no estado fenolóxico E (botóns florais visibles), e neste estado é FUNDAMENTAL APLICAR UN TRATAMENTO FRONTE ÁS BACTERIOSES para reducir danos, especialmente naquelas plantacións onde xa apareceron síntomas nas follas. Para máis información sobre estas enfermidades, consulte as nosas fichas técnicas Nº58: Pseudomonas syringae pv syringae e P. viridiflava en Actinidia spp. en Galicia y Nº59: Pseudomonas syringae pv actinidiae responsable do cancro bacteriano en Actinidia spp.



Lembren que o Rexistro de Produtos Fitosanitarios do Ministerio recolle para este uso: oxicloruro de cobre 38%, 52% ou 70%, óxido cuproso 80% e sulfato tribásico de cobre 19%


CAMELIA
Cosetacus camelliae:

Detalle do botón floral de camelia afectado polo ácaro Cosetacus camelliaeNestes momentos moitas camelias están a agromar e noutras estase a producir a elongación dos gromos, polo que se debe aplicar un tratamento fronte a este ácaro.

CULTIVOS HORTÍCOLAS
Varios fungos patóxenos:

Lembren que, como xa indicamos, é moi importante protexer canto antes as plantas hortícolas fronte os patóxenos máis frecuentes que lles afectan, dada a evaporación que se rexistrará a nivel do chan a consecuencia das chuvias pasadas e as actuais condicións de temperatura.