Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

05/01/2009

FROITEIRAS
Tratamentos de inverno:

Na nosa zona, os tratamentos de inverno aplicando produtos cúpricos son moi recomendables para limitar a incidencia de certas patoloxías nos seguintes períodos vexetativos. Cómpre realizalos en todas as froiteiras de folla caduca, pero sobre todo se son vellas e/ou se manifestaron enfermidades de tipo moteado ou cancro, en pebida, ou lepra, cribado ou monilia, en óso. Pode efectuarse un tratamento nesta época e outro antes da primavera (sempre en tempo seco e con temperaturas non moi baixas), mollando perfectamente o conxunto da planta. No caso de realizar podas, a intervención debe efectuarse con posterioridade.

Unicamente se ademais de patoloxías fúnxicas na campaña anterior houbo problemas de pragas de insectos ou ácaros, pode sumarse ao tratamento cúprico un aceite complementado cun insecticida. Nese caso, cómpre consultar a viabilidade da mestura, posto que podería existir incompatibilidade entre os produtos e causar fitotoxicidade ás plantas.

VIÑA
Enfermidades da madeira:

En avisos anteriores recomendamos que se confirmase mediante análise a presenza destas enfermidades nas plantas sospeitosas que se deberon marcar en verán. Se se confirmou, e como xa referimos noutras ocasións, a poda debe realizarse coas máximas precaucións e o máis tarde posible.

Non existen tratamentos curativos, pero pode ser beneficioso aplicar un tratamento con cubiet se aínda non transcorreron 10 días despois da poda ou con quinosol inmediatamente despois da poda.

EQUIPOS DE APLICACIÓN DE TRATAMENTOS FITOSANITARIOS
Mantemento

Este é un bo momento para poñer a punto a maquinaria de tratamentos.
(ver consello)