Consejo Superior de Investigaciones Científicas
UNIDAD ASOCIADA "SISTEMAS AGROFORESTALES": ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO - MISIÓN BIOLÓGICA DE GALICIA
Ver esta página en español
Ver esta páxina en galego
Browse this page in english
Inicio » Información Fitosanitaria » Avisos Fitosanitarios

AVISO FITOSANITARIO

30/07/2009

VIÑA Estado fenolóxico: Peche do acio - Cora (inicio)
Mildeu:Ver Fotos

Nas nosas parcelas de seguimento non vimos novos síntomas da enfermidade mais que nas plantas control sen tratamentos. Co inicio da cora (ata o de agora só rexistrado nalgúns acios nas comarcas do Rosal e O Condado) o risco de dano aos acios está limitado, pero polo momento convén non se confiar dada a gravidade das infeccións neste verán e a permanencia de condicións climáticas favorables ao fungo. Polo tanto, a recomendación xeral de actuación é renovar os tratamentos se se observan síntomas e/ou está próximo a concluír o período de protección da intervención anterior.


Oidio:Ver Fotos

Non se observan síntomas da enfermidade agás de xeito illado nas plantas que se mantiveron sen tratamento algún en toda a campaña.


Botrite: Ver Fotos

Non observamos novos grans afectados, pero o clima húmido e cálido que se está a rexistrar de forma case constante obrigan a non descoidar a vixilancia e a coidar outros aspectos da sanidade da uva, aspecto determinante para limitar os danos causados por este patóxeno.


Trazas:Ver Fotos

Segue a ser baixo o nivel de capturas nas trampas, e non se observan máis que moi puntualmente ovos ou penetracións larvarias. Non é necesario tratar.


Mosquito verde e outros cicadélidos:Ver Fotos

Cicadélidos - Femia de Scaphoideus titanusSi en avisos anteriores referiamos un incremento de capturas nas trampas instaladas nas nosas parcelas de seguimento, nesta semana as poboacións mantivéronse estables. Por outra banda, débese prestar especial atención á aparición potencial de Scaphoideus titanus polo menos nas bisbarras do sur (onde xa foi detectado), pois na campaña anterior os primeiros adultos apareceron arredor destas datas.


Ácaros:Ver Fotos

Calepitrimerus vitis - Bronceado das follas causado por acarioseNalgúns viñedos da bisbarra do Salnés empezan a observarse síntomas característicos do ataque de ácaros. En calquera caso, recórdase que antes de realizar unha intervención fronte a estes animais cómpre confirmar a súa presenza e contía, pois tratamentos innecesarios poden eliminar os ácaros útiles presentes en moitas plantacións e favorecer con iso novos ataques.


MACEIRA
Moteado:Ver Fotos

O risco de infección permanece ata o final da campaña e, dadas as condicións ambientais de clima cálido e húmido que se rexistran, cómpre manter a vixilancia e renovar os tratamentos se aparecen novos síntomas ou se as plantas xa non están protexidas. No caso de intervir, débese poñer moita atención ao prazo de seguridade do funxicida elixido nas variedades próximas á recolección.


Cydia pomonella:Ver Fotos

Non tivemos capturas nas trampas de feromona instaladas nas nosas parcelas de seguimento. En calquera caso, convén vixiar a potencial aparición de penetracións larvarias nos froitos.


Araña vermella:Ver Fotos

Femia de Panonychus ulmiNalgunhas bisbarras empezan a observarse novamente formas móbiles deste ácaro sobre os gromos novos. Porén, antes de tratar débese confirmar a súa presenza.




Outros:

Síntomas de Monilia sp en manzano. Observe o crecemento do fungo en círculos concéntricosNas variedades en fase de maduración débese retirar a froita con podremias e a caída ao chan, pois sobre ela se pode instalar con facilidade monilia ou botrite baixo as condicións de clima húmido que se están a rexistrar.




PIÑEIRO
Procesionaria:Ver Fotos

Thaumetopoea pytiocampa (procesionaria) - Procesionaria en trampa de feromona Continúa o voo deste lepidóptero, que se iniciou a semana pasada segundo as capturas recollidas nas nosas parcelas de seguimento.