|
Kiwi |
|
|
|
Viña, Froiteiras e
Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Plátano de
sombra, Carballo e Piñeiro |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Pereira, Carballo e
Piñeiro |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira, Carballo e
Piñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e Carballo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira e Varios
cultivos |
|
|
|
Viña, Maceira, Froiteiras de óso e
Millo |
|
|
|
Viña, Maceira e Millo |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Viña, Maceira e
Castiñeiro |
|
|
|
Varios, Viña e Nogueira |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira, Varios cultivos e diversas
especies forestais |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Cítricos |
|
|
|
Viña, Maceira, Marmeleiro e
Camelia |
|
|
|
Viña kiwi e Camelia |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña, Maceira, Melocotoeiro e
Evonymus |
|
|
|
Viña, Varios Cultivos, Kiwi, Carballo e
Camelia |
|
|
|
Viña e Maceira |
|
|
|
Viña, Maceira e
Carballo |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Viña |
|
|
|
Piñeiro, Maceira, Froiteiras de óso e
Ornamentais |
|
|
|
Froiteiras, Viña e Mantemento da
maquinaria |
|
|
|
|
AVISO FITOSANITARIO
13/08/2009
VIÑA Estado fenolóxico:
Envero |
Mildeu: |
Coa chegada do bo
tempo e as temperaturas elevadas destes días, as manchas de mildeu que
apareceron a semana anterior nos gromos novos non evolucionaron. Mesmo en
plantas que se manteñen sen tratamento en toda a campaña a
infección está controlada e non existe esporulación. Polo
tanto, mentres se manteña esta situación climática o nivel
de risco é moi baixo, mais considerando que no envero (ata o de agora
non xeneralizado) os acios xa non se ven afectados pola
enfermidade.
|
Oidio: |
No envero o fungo xa
non afecta aos acios e só poden aparecer síntomas nos acios
denominados "netos" e tamén nalgunhas follas de parcelas que
anteriormente presentasen ataques.
|
Botrite:
|
As condicións
secas destes días, que se prevé continúen de cara á
semana próxima, non favoreceron a aparición de novos
síntomas. Non obstante, sabemos que na fase envero-maduración
esta enfermidade pode ter grande influencia sobre a colleita, polo que se
aconsella manter a vixilancia, en especial naquelas viñas en que exista
calquera tipo de lesión nos grans.
|
Trazas: |
Repítese a
situación observada na semana anterior no taocante ao nivel de capturas
nas trampas, pero novamente observouse un incremento na presenza de
penetracións larvarias que debe ser vixiado, non só polos
danos directos que representan estas lesións senón tamén
pola súa incidencia sobre a botrite.
|
Mosquito verde e outros
cicadélidos: |
Os
tratamentos que se aplicaron naquelas parcelas en que se acadara o limiar
resultaron moi efectivos, reducíndose practicamente a niveis case
inexistentes as poboacións de cicadélidos. No tocante a
Scaphoideus titanus, non capturamos novos individuos nesta semana, pero
debe manterse a vixilancia.
|
Ácaros: |
Nesta semana non
observamos máis síntomas nin encontramos poboacións nas
mostraxes de follas. Tampouco en mostras recibidas na Estación vimos
indicios da presenza de ácaros. Manter a vixilancia e non tratar
sen confirmar a súa presenza na viña.
|
MACEIRA |
Moteado: |
A pesar da climatoloxía destes días na
maioría das bisbarras, na parcela de seguimento de Lalín
rexístranse orballos relativamente intensos que favoreceron a
aparición de novos síntomas nas follas terminais. Por este motivo
decidimos renovar o tratamento, e o mesmo debe facerse noutros terreos
cunha situación similar. En caso de realizarse tal
intervención débese poñer atención ao prazo de
seguridade da funxicida escollida nas variedades de recolección
máis temperá.
|
Cydia
pomonella: |
Capturáronse adultos abondo nas trampas como para
xustificar un novo tratamento para evitar danos ao froito
(cómpre escoller insecticidas de reducido prazo de seguridade nas
variedades temperás).
|
Pulgón laníxero: |
Continúa a observarse un incremento no nivel de
parasitismo por Aphelinus mali, polo que non se debe tratar con
insecticidas se se observa actividade do
parasitoide.
|
Araña vermella: |
As
condicións ambientais desta semana foron favorables ao desenvolvemento
da araña vermella e non obstante non se notou un incremento de
poboacións, en xeral. Manter a vixilancia, e recordar que se debe de
confirmar a presenza do ácaro antes de aplicar calquera
tratamento.
|
|