Nota de prensa e fotografías sobre a inauguración das
exposicións conmemorativas dos 25 anos de Areeiro no IES Manuel Antonio
de Vigo
Nota de prensa e
fotografías sobre a inauguración das exposicións
conmemorativas dos 25 anos de Areeiro no IES Manuel Antonio de
Vigo
A exposición Areeiro, 25 anos
contribuíndo ó agro: Froiteiras, foi inaugurada o luns 26 de
novembro por D. Manuel Hermo Piñeiro, Director do IES Manuel Antonio,
nun acto celebrado neste centro. Durante o mesmo, o Dr. D. Pedro Mansilla,
Enxeñeiro Xefe do Servizo de Fitopatoloxía da Deputación,
impartiu unha conferencia sobre a labor da Estación
Fitopatolóxica durante os seus 25 anos de existencia, e explicou os
servizos e as actividades das distintas Seccións do Centro.