Nota de prensa e
fotografías sobre a inauguración das exposicións
conmemorativas dos 25 anos de Areeiro na Facultade de Ciencias de Ourense
A exposición Areeiro, 25 anos
contribuíndo ó agro: Videira, foi inaugurada o luns 19 de
novembro por D. Juan Carlos Mejuto Fernández, Decano da Facultade de
Ciencias de Ourense, nun acto celebrado neste centro. Durante o mesmo, o Dr. D.
Pedro Mansilla, Enxeñeiro Xefe do Servizo de Fitopatoloxía da
Deputación, impartiu unha conferencia sobre a labor da Estación
Fitopatolóxica durante os seus 25 anos de existencia, e explicou os
servizos e as actividades das distintas Seccións do Centro.